Vacinación obrigatoria?

Hoxe é da máxima actualidade o debate sobre a vacinación obrigatoria, tanto no que se refire á obriga directa, baixo sanción, como á indirecta, cando estaríamos suxeitos a importantes limitacións na vida pública de non nos vacinar.
O primeiro sería fixar un marco legal que permita decidir, caso por caso, a posibilidade de distintas graduacións de obriga directa ou indirecta das vacinas. Coa información dispoñíbel consonte co estado actual da ciencia, semella que poden existir situacións epidemiolóxicas en abstracto que requiran desta obrigatoridade, directa ou indirecta, nomeadamente para determinados colectivos, que requiran que cedamos substancialmente no noso dereito fundamental á privacidade para garantir o dereito á vida e integridade física de moitos. Velaí a xustificación dunha reforma da Lei Orgánica 3/1986, de medidas especiais de saúde pública, facultando á Xunta de Galicia e demais Administracións autonómicas (titulares das competencias de Saúde Pública e únicas que teñen a información local epidemiolóxica para decidir aqueladamente) a lexislar distintos graos de vacinación obrigatoria, sempre suxeitas aos requisitos de proporcionalidade, necesidade e axeitamento das medidas ás súas fins sanitarias.
Despois sería o Parlamento galego quen habería reformar a nosa lei de saúde para regular un procedemento transparente e participativo para que a Xunta adoptase eventuais medidas de obrigatoridade da vacinación directa ou indirecta, onde a comunidade científica e médica, as forzas políticas e os axentes sociais poidan achegar as súas alegacións e suxestións. A resolución administrativa da Xunta, adoptada ao abeiro da así reformada Lei de Saúde de Galicia, sería revisábel polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao abeiro do procedemento urxente de protección de dereitos fundamentais, no que pode suspender cautelarmente as medidas administrativas adoptadas. Nesa revisión xudicial o TSXG decidiría se as medidas de vacinación obrigatoria adoptadas pola Xunta serían legais, ao abeiro dos devanditos requisitos de axeitamento á súa fin sanitaria, proporcionalidade e necesidade.
É xustificábel adoptarmos na Galicia medidas de vacinación obrigatoria para a Covid-19? Ao mellor si para persoal da asistencia sanitaria primaria e hospitalaria e para traballadoras/es das residencias da terceira idade e dependencia, mais non con carácter xeral, pois: i) moi axiña estará vacinada voluntariamente máis do 90% da poboación vacinábel, polo que son innecesarias, e ii) non serían medidas proporcionais, tendo en conta que as empresas produtoras das vacinas de primeira xeración esixiron ser eximidas de toda responsabilidade por danos causados por estas.
Cómpre regular o marco para adoptar medidas desta clase no futuro, mais semella que na Galicia de hoxe non teñen encaixe.

A xustiza de Galicia rexeita o pasaporte Covid

O venres 20-A coñeceuse o alicerzamento xurídico do auto da Sala de Ferias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 14-A que rexeitou a autorización xudicial prevista no artigo 10.8 da Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativa (LXCA) para a Orde da Consellaría de Sanidade do 13-A, que previa a obrigatoriedade do chamado “pasaporte Covid” (certificación de vacinamento ou de ter padecido a doenza nos últimos 180 días ou ben unha proba autorizada feita nas últimas 72 horas que reflicta negativo de Covid-19) para o interior dos establecementos de hostalería en concellos de risco alto e máximo.
Esta Orde reproducía os contidos da Orde de 22-X, vixente dende o 23 do mes pasado, que foi declarada polo mesmo TSXG o 12-A carente de efecto ningún por non ter requirido previamente esa autorización xudicial.

Un adiamento inxustificábel
As resolucións xudiciais adquiren a súa lexitimidade do aquelado dos seus razoamentos xurídicos, de xeito que só estes lle dan sentido á decisión xudicial. Disociar a decisión xudicial dos seus razoamentos só xera dúbidas e inquedanzas na Administración sanitaria, na hostalería e na cidadanía en xeral, ademáis de constituir unha praxe contraria ás regras procesuais da devandita LXCA (que só permite un adiamento de tres días entre a decisión e as súas motivacións). Que o faga ultimamente o Tribunal Constitucional non lle dá abeiro legal ningún.
Ademais, resulta pouco xustificado introducir como alicerce o auto do Tribunal Supremo de 18-A que ratificou o do Superior de Andalucía rexeitando o pasaporte Covid naquel territorio. Primeiro por se tratar de argumentos que non existían o 14-A cando decidiu o TSXG, polo que non poden alicerzar aquela decisión. Despois, por se tratar dun pasaporte Covid -o andaluz- estendido a todos os concellos, sen ter en conta cadansúa situación epidemiolóxica, circunstancia que non existía na Orde galega do 13-A-.

A necesidade da autorización xudicial previa para a esixencia do pasaporte Covid
O artigo 10.8 da LXCA outórgalle a cadanseu TSX autonómico a competencia para ratificar ou autorizar as medidas urxentes e necesarias adoptadas polas Administracións sanitarias autonómicas por razóns de saúde pública sempre que aquelas limiten ou restrinxan os dereitos fundamentais de destinatarios non identificados individualmente. Se esta limitación ou restrición atinxise destinatarios identificados ou doadamente identificábeis individualmente (doentes e contactos próximos) non se require autorización nin ratificación xudicial, consonte cos termos da Lei Orgánica 3/1986.
O TSXG considera que é evidente que os destinatarios non están identificados individualmente e desbota totalmente a tese da Xunta de Galicia de que a autorización xudicial non era precisa neste caso. E desbótaa seguindo unha liña de razonamento moi semellante á que desenvolvimos nestas páxinas no artigo da última semana. Por unha banda o pasaporte Covid atinxe ao dereito á intimidade persoal do artigo 18 da Constitución (dereito á vida privada do artigo 8 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos -CEDH-), tendo en conta que os dados sanitarios que estaríamos obrigados a lle amosar ao establecemento hostaleiro son os máis protexidos consonte coa normativa da Unión Europea. Por outra banda, podería vulnerarse o principio de non discriminación do artigo 14 da Constitución e tamén 14 do CEDH en canto se discriminaría en función dun vacinamento non obrigatorio cando existen colectivos que non poden ser vacinados por causas médicas ou que non tiveron acceso ao vacinamento por cadanseu grupo de idade e outras circunstancias persoais.
Os motivos xurídicos do TSXG neste suposto están ben alicerzados e deixan en moi mal lugar o erro omisivo da Xunta de Galicia ao non remesarlle ao TSXG a súa Orde de 22 de xullo para efecto da autorización xudicial. Por outra banda, esta tese xudicial da necesidade da autorización previa concorda coa opinión do Ministerio Fiscal no seu informe de 13-A.

Os alicerces xurídicos do TSXG para rexeitar a autorización xudicial da Orde do 13-A
Xa entrando no fondo do asunto, cómpre lembrar que a Orde do 13-A obtivo nesa mesma data informe favorábel do Ministerio Fiscal. Un informe que considera que as súas medidas cumpren os requisitos xurisprudenciais de adecuación ou axeitamento, necesidade e proporcionalidade. Coida o Ministerio Fiscal que a limitación das liberdades é menor fronte á protección do dereito á vida de amplos colectivos, mesmo aqueles que aínda non puideron ter acceso completo á vacinación, e o efecto positivo do pasaporte Covid moi probábel ademais de proporcionado. Neste senso, o informe do Ministerio Fiscal conecta coa Decisión do Consello Constitucional francés de 5 de agosto de 2021, que considerou acreditado que, ao estado actual do coñecemento científico, o risco de circulación do virus redúcese de xeito substancial entre as persoas vacinadas, que veñen de sofrir a doenza ou que teñen un recente test negativo. Coidando, xa que logo “idónea” ou “axeitada” a esixencia do pasaporte Covid, malia que no caso da República francesa a esixencia abranguía non só os establecementos de hostalería, senón determinadas áreas comerciais e transportes públicos.
O TSXG, no seu auto de 14-A, recoñeceu tamén a proporcionalidade “stricto senso” do pasaporte Covid por atinxir as liberdades dun xeito menor, mais desbotou tanto a súa necesidade como o criterio da súa adecuación, baseándoo nos seguintes argumentos principais:
a. Non se xustificaba por que non se requiría o pasaporte “Covid” ás persoas empregadas dos establecementos hostaleiros e si ás clientes. Tampouco se xustificaba porqué a súa esixencia na hostalería e non nos establecementos comerciais. Estes motivos non deixan de ter un certo sentido, malia que a esixencia do uso da máscara en toda circunstancia ás devanditas empregadas e, no caso das áreas comerciais, ás empregadas e clientes modula a innecesariedade relativa do pasaporte Covid tanto nesas áreas comerciais como para os empregados da hostalería.
b. A situación epidemiolóxica comparativa de Galicia non mellorara a respecto doutras durante as tres semanas de vixencia (23-X ao 12-A) do pasaporte Covid.Mais este razonamento non ten en conta que nos principais concellos atinxidos non foi vixente ate o 31-X e non existiu, xa que logo, tempo abondo para facer comparanzas acaídas.
c. Malia estar acreditado que o vacinamento e o padecemento anterior da Covid restrinxen a súa circulación, non pode dicirse o mesmo dun test negativo, por constituír unha proba referida ao intre da súa práctica, mais non garante a falla dun contaxio posterior. Mais no estado actual da ciencia tamén semella acreditado que unha persoa non é axente de contaxio perigoso se acredita non ser portadora de níveis significativos do virus nas últimas 72 horas.

Unha avaliación dos alicerces do TSXG
Ademais do seu inxustificado adiamento semella que o auto do TSXG, achegando elementos interesantes á análise xurídica de compatibilidade entre liberdades e saúde, non avalia as medidas adoptadas dende o ponto de vista do coñecemento relativo obtido na data actual pola comunidade científica. Os Tribunais non poden pedir seguranzas totais, mais si probabilidades certas e é aí onde non acertou o TSXG.
Máis interesante é afondar no desbotamento de restricións de dereitos máis intensas ou mesmo máis lixeiras cando existan medidas efectivas semellantes que non couten estas liberdades.

O debate subxacente: a obrigatoriedade da vacinación
En realidade o que paira na Europa toda é o debate sobre se é compatíbel cos dereitos humanos a vacinación xeral obrigatoria, quer directa, quer indirecta (o que xeraría unha aplicación xeral do pasaporte “Covid”). Xuristas analistas de ámbitos ideolóxicos tan afastados como Roberto Blanco Valdés (en La Voz de Galicia) ou Joan J. Queralt (en elnacional.cat) defenderon esta medida moi recentemente.
Semella que nunha Galicia con máis do 70% da poboación vacinada e níveis moi baixos de rexeitamento cidadán á vacinación, esta medida non sería proporcional nin necesaria. Mais isto será tema xa para un vindeiro artigo.

O dependentismo empobrécenos

Galicia empobrécese polo dependentismo de Núñez Feijoo, que amosa de grave torcicolo de tanto ollar cara a Madrid e que autocensura a efectividade das limitadas ferramentas que nos outorga o noso tamén limitado autogoberno. Porque, sendo Galicia un país con pouca achega de PIB e poboación aos totais globais estatais, require de solucións autocentradas de desenvolvemento económico e de moito máis autogoberno para xerarmos calidade de vida e benestar.
Entre 2011 e 2013 o Estado español liquidou o noso subsistema bancario (Caixa Galicia, Caixanova e Bancos Pastor e Gallego, nomeadamente). Das resultas desta desfeita, como observou o profesor da USC Edelmiro López Iglesias, perdemos unha media de máis de 3.000 M€/ano desde aquela. Hoxe en día a banca española recolle na Galicia máis de 75 mil M€ de depósitos e só presta aquí uns 48 mil, o que xera un déficit de máis de 27 mil M€ de aforro galego drenado cara Madrid, nomeadamente. É dicir… 10.000 € por cada galeg@!! Cada vez máis pequenas e medianas empresas e start ups galegas atopan graves dificultades para financiaren os seus investimentos.
Esta longa era dependentista de Núñez Feijoo deu nun País universalmente recoñecido pola calidade dos seus produtos alimentarios que, porén, ten que depender da súa importación para se alimentar (agás os produtos do complexo mar-industria). Dun País que produce o 40% do leite do Estado español sen estruturas eficaces empresariais e industriais para a transformación deste produto, como tampouco é quen de transformar a pasta de papel de ENCE en produtos de cadea de valor, mentres a dependencia alimentaria de Galicia agrávase pola transformación de terras agrícolas en cultivos de eucalipto. Dun Goberno galego dependentista que prioriza sobre actividades localmente máis rendíbeis parques eólicos que, ademais, xeran custos ambientais sen achegar beneficios económicos, nun País que segue a exportar o 31% da electricidade producida no seu territorio, mentres as súas empresas e consumidores pagan máis cara a luz.
No eido fiscal, dependentistas galegos e espelidos unionistas de Madrid cóntannos que vivimos da solidariedade española, cando o economista Xosé Díaz vén de demostrar que no 2019 o Estado recadou 4.562 M€ máis dos que reintegrou a Galicia. E cando o experto en Administración Local Xosé A. Jardón demostrou hai anos que Galicia recebe 500-600 M€/ano menos do Estado para financiamento dos seus concellos do que lle cumpriría só por poboación.
Reaxirmos a prol do autogoberno, da soberanía e dun desenvolvemento endóxeno e sostíbel é unha necesidade fulcral para o noso futuro económico.

Conciliarmos liberdade e saúde

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou este sábado 14-A a autorización que lle pediu a Consellería de Sanidade da Xunta para a vixencia da súa Orde de 13-A na que se obrigaba ás persoas usuarias do interior dos establecementos de hostalería nos concellos cualificados de risco alto e máximo a amosar, quer o certificado de vacinamento ou de ter padecido a doenza nos últimos 180 días, quer unha proba negativa de Covid-19 das 72 horas anteriores.
Esta Orde reproducía a emitida o 22 de xullo, vixente até o xoves 12-A, cando o propio TSXG constatou a súa falla de vixencia por non ter pedido previamente a Xunta a autorización prevista na Lei da xurisdición contencioso-administrativa para as medidas sanitarias que os Gobernos autonómicos coiden precisas e urxentes cando supoñan a limitación ou restrición de dereitos fundamentais e os seus destinatarios non estean identificados individualmente. Decisión esta que constituíu un grave erro, para nada desculpábel, da Xunta pola evidencia de que esa clase de “pasaporte Covid” traía consigo tanto a comunicación a terceiros de dados persoais de máxima protección (o feito de estar vacinado ou de padecer ou non a doenza xerada polo Covid-19) como un tratamento desigual aos usuarios. Que había restrición ou limitación de dereitos fundamentais era evidente e só a Xunta non o viu.
Máis complexa era a decisión de admitir ou non estas restricións dos dereitos fundamentais (nomeadamente o principio de non discriminación e o dereito á intimidade persoal), por ser ou non esas medidas de saúde pública precisas, proporcionadas e acaídas á súa finalidade. O propio Ministerio Fiscal considerou nun procedemento xudicial coetáneo que estas medidas estaban xustificadas. Mais varias das axencias e autoridades de protección de dados persoais do ámbito da UE dubidaron sobre a compatibilidade do “pasaporte Covid” co principio de non discriminación por: i) non ser obrigatoria a vacinación, ii) existir colectivos que non poden vacinarse por razóns médicas ou doutra clase, e iii) existir parte da poboación á que aínda non lle foi ofrecida a vacinación.
Nos vindeiros días coñeceremos os argumentos do TSXG, até agora inéditos. Mais este proceso xudicial evidencia a necesidade de compatibilizarmos a eficacia e eficiencia das políticas sanitarias cos dereitos fundamentais e liberdades das persoas. Porque nin Galicia nin a Europa democrática en xeral poden loitar contra a Covid-19 ao xeito dos estados autoritarios ou totalitarios, ao xeito da China, Irán, Arabia Saudita ou dos Emiratos Árabes Unidos.

Un “horror” grandísimo

O Tribunal Superior de Galicia (TSXG) vén de declarar non vixentes as restricións que obrigaban ás persoas usuarias a acreditar o seu vacinamento, padecemento da Covid-19 nos últimos 180 días ou certificación PCR ou de antíxenos negativa, homologada pola UE, para acceder ao lecer nocturno e máis ao interior dos negocios de hostalería nos concellos sinalados de risco alto ou máximo.
A decisión do TSXG alicérzase na falla da súa autorización previa, consonte coa Lei Orgánica 3/1986 e da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En troques o Goberno galego si pediu e obtivo do TSXG a autorización coetánea para limitar as xuntanzas de non convivintes na franxa nocturna e para limitar os grupos máximos de non convivintes en exteriores e interiores dos negocios da hostalería.
O problema é que faltou a autorización previa do TSXG porque a Xunta non lla pediu, como si fixo coa restrición das xuntanzas dos non convivintes por considerar que restrinxían dereitos fundamentais en xeral, de persoas non doentes nin vencelladas intimamente a estas.
O “horror” da Consellaría de Sanidade e da Vicepresidencia 1ª e Consellaría da Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta (porque a Asesoría Xurídica Xeral pertence a este Departamento) é superior, moito máis en comparanza coa dilixencia amosada para pedir e obter a autorización xudicial a respecto da limitación numérica e temporal das xuntanzas de persoas non convivintes da Orde da Consellaría de Sanidade de 21.07.2021. E a magnitude deste erro obríganos a matinar aqueladamente sobre a tendencia da Administración Sanitaria galega (canda outras) para restrinxir dereitos fundamentais sen coidado do procedemento, das garantías cidadás e dos requisitos de axeitamento ao caso, de eficiencia e de proporcionalidade.
Porque Galicia e a UE non son -polo de agora- países ou territorios sometidos aos diktat autoritarios ou totalitarios da China, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos ou o Irán. E restrinxir os dereitos fundamentais para acadar as mellores medidas sanitarias non se pode facer trapalleiramente, senón con respecto aos procedementos, garantías e contidos da lexislación internacional e interna de dereitos humanos.
Esta trapallada non ten xustificación nin desculpa ningunha.

Arredor dos delitos de odio

Artigo publicado na revista Luzes número 94, de 2021 Pode descargarse en formato .pdf aquí: Artigo Arredor dos delitos de odio Luzes 2021, ou verse a continuación:

Medallas olímpicas galegas

Galicia acadou nas Olimpiadas de Tokio catro medallas en probas non colectivas (dúas pratas -unha delas con dous agasallados- e dous bronces). Se lle engadimos a nosa participación nas medallas do balonmán e fútbol, as nosas deportistas remataron a nosa mellor participación nacional nuns Xogos Olímpicos, só comparábel coas catro medallas individuais (dúas de ouro) da capital chinesa de Beijing no 2008.
Mais aí rematan as semellanzas. Porque a xestión do deporte galego, o traballo da Xunta de Galicia a prol de resultados no deporte de elite, o labor no deporte femenino e no deporte para todos non ten comparanza ningunha co intelixente e axeitado traballo desenvolvido entre 2005 e 2009 pola Administración deportiva galega durante o goberno de coalición BNG-PSdeG. Daquela a conselleira nacionalista Anxela Bugallo e os directores xerais Santi Domínguez e Marta Souto estruturaron e desenvolveron o concepto “deporte galego”, antes inexistente ou reducido ás nosas equipas de fútbol e basket profesionais, promovendo aos nosos deportistas de elite (cómpre lembrar, nomeadamente os casos do piragüismo, vela e triathlon) e dándolle un amplísimo pulo ao deporte feminino, coa colaboración do vicepresidente Anxo Quintana e da secretaria xeral Carme Adán. Foron tamén os anos da recreación da nosa selección nacional de fútbol e da promoción dunha equipa profesional de ciclismo, canda o pulo e acompañamento constante do deporte paralímpico.
O Goberno Feijóo (case sempre con José Ramón Lete á fronte da Administración deportiva galega) seguiu unha estratexia liquidacionista do labor desenvolvido polo BNG no deporte galego, como en tantos outros eidos. Abandonouse o Centro de Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e priorizouse na política de promoción das Federacións Deportivas Galegas a docilidade política. Ignorouse, tamén, o que tiña de ser o noso think tank deportivo, a Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC.
Malia esta política deportiva da prevención e sospeita políticas, da pasividade e do desleixo a sociedade civil galega, as redes sociais, a prensa dixital e en papel (quer cabeceiras históricas, como El Correo Gallego, quer medios máis recentes) e máis a Radio Galega e a TVG souberon priorizar o feito deportivo galego nestas Olimpíadas. E este feito, inédito e histórico, conecta coa idea da existencia dun País de noso e, sobre todo, conecta coa idea da existencia dun deporte galego.
Peleteiro, Portela, Nico Rodríguez, Arévalo, Germade, Corrales e Villar…moitas grazas por tanto que nos destes e polo que habedes dar no futuro.

El Gobierno de Sánchez usó la patrulla Águila para provocar en el Día da Patria Galega

El pasado domingo, 25 de julio, Galicia celebró su Día Nacional, el Día da Patria Galega y el BNG continuó su tradición de llenar las plazas compostelanas de A Quintana y Praterías y calles adyacentes, recuperando tradiciones prepandémicas. El soberanismo gallego está ahora fuerte de mente y pletórico de energías (aunque el futuro presente tantas dudas y legítimos temores sobre la deriva gallega, del Estado, de Europa y del mundo) y la tónica fue de entusiasmo y adhesión a su líder Ana Pontón, a quien aprueban en encuestas hasta muchas personas que dicen votarán al PP.
El protagonista, además de Ana Pontón fue el líder republicano catalán Oriol Junqueras, ovacionado por miles de patriotas gallegos en un indudable reconocimiento personal y político que demuestra, si, la conexión entre BNG y ERC, pero sobre todo la conexión entre el soberanismo gallego y el soberanismo catalán, no siempre tan nítida, aunque entre agosto y diciembre de 2017 hubo importantes muestras de solidaridad gallegas con el procés soberanista en las calles y plazas gallegas.
Es indudable que BNG, ERC y EH BILDU se entienden y comparten una estrategia de futuro. Pero también es cierto que, en este 25 de julio, no faltaron personas en el entorno de la directiva soberanista gallega que, con todo el respeto por la estrategia de ERC, cuestionaban su voto favorable el miércoles 20 al Decreto-Ley sobre los empleados públicos interinos, salvando “in extremis” (al final votaron a favor 170 y en contra 169 diputados) al Gobierno Sánchez de una derrota segura sin obtener compromiso de modificación sustancial de su contenido. Una derrota que probablemente le hubiese devuelto a Sánchez Pérez-Castejón a su realidad de Gobierno sostenido por una minoría precaria. El voto favorable de ERC contrastó con los votos negativos de JuntsxCat, PdeCat, CUP y BNG y con la abstención del PNV.
El momento político coyuntural, verdaderamente, parece darle la razón a los que dudaban del voto salvador de ERC del 20 de julio, tanto en Galicia como en Catalunya. En Galicia, la rebaja de los peajes de la AP-9 que entró en vigor este fin de semana (la vía transversal del País, que transita de Ferrol a Vigo pasando por A Coruña, Santiago de Compostela y Pontevedra, conectando 2 de los 2,7 millones de gallegos previo pago de 40 € ida y vuelta) constituía un elemento central del pacto de investidura con el BNG, pero el PSOE ha intentado retrasar lo máximo posible su entrada en vigor y oscurecer el esencial papel del BNG en su consecución, cuando rentabilizó su único voto en la investidura de Sánchez al fallar el PRC y CC. Por otra parte, el compromiso coetáneo de transferir a la Xunta esta AP-9 ha sido incumplido, llegando a presentar el PSOE una enmienda para que no se traspase su titularidad, sino simplemente su gestión.
Pero, en lo simbólico, el otro foco de atención informativa del 25 de julio (la Ofrenda del Jefe del Estado al Apóstol Santiago) dejaba un muy desagradable impacto en el ánimo de cientos de miles de gallegos. Porque se despilfarraron ingentes recursos públicos para que el Jefe de Estado, su esposa, sus dos hijas y el Presidente del Gobierno español concurrieran al ceremonial de dicha Ofrenda estatal, en un desacertado y caduco ceremonial españolista y clerical, totalmente alejado del espíritu del Santiago Zebedeo acogedor de peregrinos y animador de los caminos que construyeron en la Edad Media Europa y Galicia como nación europea, hasta nuestra incorporación en 1480 a la Corona de Castilla.Y, en el cénit de la manifestación soberanista, la Patrulla Águila del Ejército del Aire español, con modales propios del peor colonialismo, dibujaron en el cielo compostelano una bandera monárquica española que estaba totalmente fuera de lugar en una fecha como la del Día Nacional de Galicia, con docenas de miles de personas reivindicando la bandera azul y blanca. ¿Cuánto habrán costado el combustible, dietas de desplazamiento y otros gastos motivados por las cabriolas de esta Patrulla Águila? ¿Es ésta la idea que tiene Pedro Sánchez de la plurinacionalidad del Estado?
Pues bien, el despilfarro de recursos públicos, la desmadejada presencia de la Familia Real en Galicia y la provocación de los aviones militares españoles son de la pura responsabilidad de Pedro Sánchez como Presidente del Gobierno del Estado. Por eso se respiraba indignación contra el PSOE entre los soberanistas del BNG este Día da Patria, lo que es totalmente compatible con la admiración a Junqueras y la alianza con ERC, aunque marque ciertamente un camino propio. El de la prevención y el del escepticismo frente a Pedro Sánchez y su entorno.
Y es que coinciden algunos dirigentes del BNG, como también del PNV (el domingo Urkullu no iba a ir a la próxima pasada Conferencia de Presidentes, lo que cambió en las últimas horas por esa línea de teléfono rojo de Ajuria Enea -¿o Sabin Etxea?- con Moncloa que tan rentable resulta a la ciudadanía vasca) y de JuntsxCat (y seguro que de ERC, por lo menos en privado) en la desconfianza ante un nuevo Gobierno Sánchez que procura demostrar claramente su frialdad ante la plurinacionalidad estatal, como hizo este 25 de julio en Galicia llegando incluso a la provocación.
El PSOE de después del reciente cambio de Gobierno está encantado de haberse conocido y mira por encima del hombro a sus socios soberanistas (a unos más que a otros, pero a todos en general) por encima del hombro como si le debieran incondicionalmente los votos (defecto en el que incurrió el PSdeG en sus únicas experiencias de gobierno en Galicia, el tripartito con CG y PNG-PG entre 1987 y 1990 y el bipartito con el BNG entre 2005 y 2009). Además, como ha escrito certeramente el periodista catalán David González, se permiten el lujo de excluir de su reflexión política e ideológica en su próximo Congreso Federal del otoño cualquier reforma constitucional ya no sólo que reconozca el derecho a decidir de Catalunya, sino que modifique mínimamente el marco juridico-político hacia un reconocimiento y articulación de la plurinacionalidad del Estado. Con Pedro Sánchez middle 2021 el PSOE se ha olvidado de su propuesta de reforma constitucional de 2017 (enunciada por el propio Sánchez). Por olvidarse hasta se han olvidado de la Declaración federalista de Santillana (ZP, 2003).
Y, claro, uno conecta estas provocaciones gratuitas y estas omisiones en la agenda congresual que marcará el rumbo del partido que hegemoniza la gobernanza estatal con la apelación a la lección que han debido aprender los catalanes de la nueva ministra supuestamente encargada de la gestión de la pluralidad nacional del Estado, lo relaciona con los dos años que restan de legislatura y con inequívocos atisbos de que vuelve el PSOE jacobino y se pregunta que frutos posibles podrá dar una estrategia de diálogo bilateral entre Catalunya y el Estado en los próximos dos años. Porque encalló la reforma del Código Penal respecto del delito de sedición, sin la cual no habrá soluciones a la situación de las personas exiliadas. De la amnistía no se sabe, la Fiscalía continúa su función inquisitorial contra buena parte de las 3.200 personas represaliadas y resulta en la práctica imposible mantener frente al Tribunal de Cuentas el principio fundamental de que la Administración Pública mantenga indemnes a sus servidores de los eventuales daños que les irrogue su gestión.
Comparando comparando, la estrategia de europeización del conflicto en el marco de una confrontación pacífica e inteligente, parece que ha obtenido por ahora los principales frutos, tanto en el ámbito judicial europeo, como en el político (Consejo de Europa y ONU), así como en el de la presencia en la sociedad civil articulada. Y uno se pregunta si esta inacción, que coincide además con una época de malas palabras y faltas de respeto, puede durar dos años.