Gaña Rajoy e afrouxa a nova cultura política

O PP foi claro vencedor do proceso aberto coas eleccións xerais do pasado 20-D e que rematou coas eleccións de onte. Sobe 4,2 pontos porcentuais (do 28,7 ao 32,9%) e 14 deputados ao 95% escrutado (de 123 a 137), puxando do bloque PP-C’s dos 163 aos 169 escanos, pois que C´s, cunha moi discreta baixada perdeu 8 deputados (de 40 a 32). Os outros 5 perdeunos o PSOE (baixa de 90 a 85), que quitou o peor resultado da historia, malia que o mantemento do segundo posto en votos e escanos fronte Unidos Podemos (máis En Marea e as confluencias catalá e valenciana), que igualou resultados (71 escanos) cos obtidos por estas forzas e IU hai seis meses.
Psicoloxicamente Rajoy é o claro gañador, porque converte C’s nun socio innecesario, quítalle 50 deputados ao PSOE, que ficaron segundos e frea intensamente a Pablo Iglesias, que non rendibiliza a coalición. Será complexa, porén, a reedición do goberno Rajoy, pois que fóra de C´s non se albiscan socios probábeis, xa que Sánchez salvou o segundo posto e, con el, os mobles. Mais será imposíbel superar eses 169 votos negativos, tendo en conta que os 17 deputados independentistas cataláns (9 ERC e 8 CDC, que repetiron os resultados do 20-D) non votarán a prol de candidato ningún. Ao final é probábel que goberne Rajoy, mais perderá sen dùbida moitas votacións no Congreso. E terá que mudar, quizais substancialmente, as claves da súa axenda política.
O ocorrido no noso País é, quizais máis rechamante. Aquí o PP recupera catro pontos (do 37 ao 41%) e a suma de votos do PP e de C’s sobarda o 50%, fronte ao 46% curto da suma do BNG, En Marea e PSOE. En Marea perde un escano (de 6 a 5) e a avantaxe a respecto do PSOE, que obtén 6 con moi poucos votos máis. O PP gaña este deputado e o único de C’s e En Marea acusa o castigo nomeadamente nas cidades onde goberna, por exemplo a respecto de Vigo, onde segue a superar o 30% de votos.
Evidentemente as autonómicas non son procesos comparábeis, mais En Marea terá, sen dúbida, que ampliar a súa base social ollando cara ao galeguismo, ao tempo que se dota dun programa de goberno críbel e dunha equipa solvente. BNG, PSdeG e o mundo das Marés terán que enfrontar a difícil tarefa dunha alternativa plural e confiábel, se non queren que Feijóo teña opcións reais de revalidar a maioría absoluta.

Galicia precisa da política exterior

Galicia é sinónimo de calidade internacional en varios produtos e servizos. Por outra banda, conta cunha lingua e cultura propia que a abeira aos mundos lusófono e hispano e unha posición xeopolítica envexábel para o seu desenvolvemento como hub portuario entre Panamá e Europa. Mais só achegamos o 5,23% do PIB e o 5,5% da poboación española. Quere isto dicir que as nosas necesidades de promoción exterior, tanto no empresarial canto no cultural, son irrelevantes para España.
Por outra banda, contamos cunha mesta rede de Centros galegos, hoxe en aberta crise moitos deles, pola lóxica nova mentalidade dos galegos de segunda e terceira xeración. Nalgúns países, como Catalunya, Uruguai ou Arxentina, a colonia galega mantén unha grande vitalidade e foi quen de xerar unha auténtica identidade compartida. Para máis, os galegos no mundo tenden a estar ben recoñecidos polo seu traballo e polo seu carácter emprendedor.
Rajoy pasou aquí tamén a máquina recentralizadora, impoñendo unha lei de acción exterior (2014) que prohibe que os Gobernos autonómicos asuman compromisos internacionais vinculantes, agás expresa previsión nun tratado internacional. Esta lei mesmo lle atribúe ao Estado o dereito de informar previamente a apertura de oficinas exteriores autonómicas.
Mais o certo é que escusamos culpar só a esa lei estatal, porque a Xunta de Feijóo nunca quixo desenvolver unha acción exterior digna de tal nome. Máis aínda, a acción exterior no organigrama da Xunta mistúrase inconvenientemente con cuestións de política interna, como son as relacións coa Unión Europea, por certo tamén esquecidas, coa Fundación Galicia-Europa agoníando. Canto á presenza propiamente exterior, caracterízase pola súa fragmentariedade, descoordinación e absoluta submisión ás directrices da diplomacia española. Como ten opinado o noso mellor experto neste eido, Xulio Ríos, o Goberno de Feijóo desenvolveu un proceso de demolición da acción exterior galega.
Así non podemos seguir. A Recesión e a globalización multiplicaron a necesidade de sermos e estarmos no mundo. Porque só nos estimarán, só mercarán os nosos produtos e servizos e só confiarán en nós se nos coñecen. Velaí que as graves resultas da falla dunha política exterior galega vaian directas, tamén, ao noso peto.

Intelixencia normativa

Adoito usar a normativa oficial da lingua galega, recomendada polo criterio de autoridade da nosa Real Academia. Mais sabemos que este criterio é cientificamente moi respectábel, malia que non infalíbel e que a adopción da normativa RAG-ILG pola Xunta de Galicia no 1982 (derrogando a Normativa de mínimos reintegracionistas inspirada por Carvalho Calero e que a Xunta preautonómica aprobara no 1980) foi unha opción filolóxica, sociolóxica e política. Que confrontaba con outra opción tamén indubidabelmente seria e científica.
Quere isto dicir que as persoas que escreben en galego internacional baséanse en sólidos criterios filolóxicos e, xa que logo, non son xente ignorante, nin perigosa, nin disolvente. Para máis, a súa opción aproxima o galego á súa familia lingüística. Velaí a potencialidade da lei Paz Andrade: achegarnos a un ámbito de máis de 300 millóns de persoas dende a nosa lingua. Unha magnífica oportunidade que se nos abre aos galegos. Xa lles gostaría aos cataláns, vascos, flamengos ou corsos ter esa potencialidade.
Entón que facemos, mudamos xa a normativa RAG polo Acordo unitario de Rio de Janeiro? Non, non cómpre facer tal. As linguas precisan dun padrón culto común, mais soportan máis pluralidade que hai trinta anos. O que cómpre vermos é que os que escrebemos galego oficial e os que escreben galego internacional non somos inimigos, somos utentes dunha lingua minorizada na Galicia. Sumemos, logo, esforzos. Permitamos que os utentes do galego internacional editen nas nosas editoriais, usen o seu padrón nos xornais e revistas, poidan acceder nel aos premios literarios. E non abramos a remuda normativa, polo menos por uns cantos anos.
No 1982 non había Internet e a xente era moito menos instruída. Mais, no 2016, pensan de verdade que os alunos non poden distinguir entre as dúas normativas e cadansúas potencialidades e feblezas? Imos logo ter que tirar de dicionario cando leamos as magníficas novelas de Teresa Moure como algúns adoitan facer cando len a marabillosa prosa de Méndez Ferrín? Non, ler en galego internacional ou en portugués está xa na man de calquera e non toleará ninguén.
Integremos e non separemos. Sexamos intelixentes e listos. Sexamos, tamén, patriotas superando o apartheid lingüístico.

Austeridade, empobrecemento e recentralización

Falamos a semana pasada da arrepiante evolución do emprego e a ocupación en Galicia ao longo dos sete anos de Goberno Fejóo, á vista dos dados fornecidos polo economista Marcelino Fernández Mallo. Agora é o economista Alberto Turnes o que nos achegan doutros datos que sinalan inequívocamente o empobrecemento sofrido por Galicia ao longo da era Feijóo. O PIB galego, que acadaba no 2008 o 5,33% estatal (por certo, logo de subir canda o bipartito dende o 5,23% do 2005), contraeuse no 2016 ao 5,18%. Os dados de investimento produtivo (formación bruta de capital fixo) son brutais, baixando un 47% entre 2008 e 2016 (de 17,285 M€ a 9.193 M€ entre 2008 e 2016). O territorio autonómico que máis baixou no Estado, produto sen dúbida do gravísimo proceso desindustrializador que sufrimos.
Este suspenso histórico aínda é compatíbel con certa opinión pública e publicada, de certa relevancia nas clases medias urbanas, que merca o relato de que Feijoo é un bo xestor e que a austeridade é o camiño, malia que esta ladaíña vaia, aos poucos, tendo menos seareiros. As políticas de austeridade xeran exclusión social e descapitalizan o capital social, degradando a nosa sanidade, educación e servizos sociais. Mais, tamén, contraen a nosa economía, ao renunciar a calquera política de promoción empresarial e deixar aos sectores estratéxicos da economía galega ao pairo.
Mais a política austericida de Feijóo reflectiu tamén a idea de que o autogoberno non vale para xerar benestar nin desenvolvemento, asentando o relato de que as verdadeiras decisións dependen de Madrid e Bruxelas. Neste senso, Núñez Feijóo demostrou que se pode facer moito menos con menos, xerando aínda moito menos ruído social e identitario.
E a descapitalización austericida abriu novas oportunidades de negocio para os operadores privados, mais non para os grupos empresariais galegos (para os que Feijóo ollou sempre con desconfianza), senón para os grandes grupos concesionais do capitalismo de amiguetes de Madrid. Deste xeito, os recortes do autogoberno autonómico e local xeraron un proceso de reprivatización que nos empobreceu, arrequecendo ese capitalismo de amiguetes.
Coma sempre, a recentralización empobrécenos e o autogoberno arrequécenos.

A irresponsabilidade da CUP

Josep Tarradellas dicía que na política podía facerse de todo, menos o ridículo. No actual contexto catalán, pódese ser prounionista, proindependentista ou mediopensionista. O que non se pode é confundir a política co exercicio maximalista do programa último. Co exercicio do “lo quiero todo y lo quiero ya”.
A CUP obtivo un bo resultado (8,21% e 10/135 deputados) nas eleccións catalás de setembro do 2015, rendibilizando deste xeito a súa honestidade e as dúbidas ambivalentes de Catalunya Sí que es Pot. Rexeitou investir a Mas (logo dunha votación asemblearia que rematou en empate) e, en troques, acordou con Junts pel Sí un pacto de estabilidade para a lexislatura, que permitiu a investidura do president Puigdemont.
No debate orzamentario deste día, a CUP uniu os seus votos aos de C´s, PP e outros para vetar o Orzamento do 2016. Un Orzamento debullado dende os alicerces pactados en xaneiro polas dúas coalicións e que implementaría un cobizoso programa social de 870M€ contra da pobreza. Cal foi a reacción dos dirixentes da CUP? Varios confesaban que se lles fora a man e que nunca pensarían que fose tan grave vetar o Orzamento, mentres o deputado Antonio Baños, cabezaleiro pola circunscrición barcelonesa, se avergoñaba de coincidir votando co dereitista radical Xavier García Albiol.
O que subxace a este episodio desgrazado é a confusión entre ideoloxía, estratexia e tácticas que abrangue agora unha curta maioría das CUP, mais que triunfou en determinados intres históricos en formacións variadas da esquerda europea, mesmo na Galicia. Transformar un País, construír alternativas de goberno á dereita conservadora, require de amplas converxencias, mais tamén de diagnoses realistas e programas realizábeis. O outro só xera frustración, retracción abstencionista e oportunidades para que nada mude e manden os de sempre.

A arrincadeira: O galego na xustiza é útil e práctico
Xuntouse en Monforte a asemblea anual da Irmandade Xurídica Galega, que integra centos de fiscais, xuíces, avogados e funcionarios que adoitamos usar o galego na vida xudicial cotiá. O proceso de normalización da lingua na Xustiza non avanza de modo polo centralismo na organización do Poder Xudicial. Usar o galego na Administración de Xustiza é útil, práctico e normal.

A diez días del referéndum británico, el Brexit no parece imposible

La sombra del Brexit pende sobre el Eurochannel. Los partidarios del Brexit parecen movilizar transversalmente variados sectores de la población. Haciendo del control de fronteras el eje del debate del referéndum, los euroescépticos demuestran una movilización que parece no existir en las filas de los partidarios de la Unión Europea.

Faltan pocos días para el jueves 23, cuando el electorado británico decida sobre la salida de la UE (exit, conocida como Brexit) del Reino Unido o su permanencia (remain). Nuevamente, en menos de dos años, el premier tory David Cameron cumple una promesa electoral en forma plebiscitaria que puede determinar el fin de su carrera política, como ya le ocurrió en septiembre de 2014 con el referéndum escocés de independencia.

En esta ocasión, Cameron no es mayoritario en el amplio mundo de la derecha. Por una parte, la extrema derecha de la UKIP de Nigel Farage es abiertamente partidaria de la salida británica, pero también lo es el ex alcalde londinense Boris Johnson, la mitad del grupo parlamentario conservador y varios ministros del cabinet de Mr Cameron. El Brexit parece mayoritario en el electorado mayor y también parece contar con una fidelidad acusada. Movilizarán a tope sus simpatizantes.

Esta participación parece más dudosa en el ámbito de los partidarios del remain en la UE. Éstos cuentan con el partido laborista (si bien su líder, el izquierdista Jeremy Corbyn, no se ha mostrado muy entusiasta), salvo un minúsculo sector refractario, con los lib dem, los verdes, la inmensa mayoría sindical de las Trade Unions (con la excepción de los panaderos y algunos transportistas) y con los nacionalistas escoceses del SNP, galeses del Plaid Cymru y norirlandeses del Sinn Féin.

Claro es que la clave del remain escocés o galés está vinculada a una vocación de soberanía nacional, pero dentro de la Unión Europea. Una corriente de soberanismo europeísta que conecta con el que defienden en Catalunya Esquerra Republicana o Convergència y el PNV en Euskadi (e incluso EA dentro de EH-Bildu). Para los nacionalistas escoceses y galeses la Unión Europea es el marco en el que quieren vivir independientes. Para los escoceses del SNP el triunfo del Brexit, además, les permitiría replantear el NO de septiembre de 2014 y exigir un nuevo referéndum de independencia.

¿Significa esto que peligra la permanencia del Reino Unido en la UE? Para las casas de apuestas no y se trata éste de un negocio al que no se le puede negar experiencia y know how. Pero en el ámbito especìfico de las encuestas electorales, ya han aparecido encuestas que le otorgan la victoria al Brexit por cinco puntos. Y es que la campaña del Brexit se lee en los omnipresentes tabloides ingleses y se apoya fundamentalmente en el restablecimiento del control de fronteras. Control de fronteras no principalmente como garantía de seguridad ciudadana -que también-, sino de mejores salarios y más empleo, al descender la oferta de ciudadanos de otros países de la UE, singularmente de la Europa oriental.

Por tanto, este argumento del control de las fronteras sirve para activar extraordinariamente y transversalizar (interesa a trabajadores, jubilados, residentes de origen foráneo ya establecidos…) la campaña del Brexit. Por lo que los partidarios del remain necesitan la participación masiva de los jóvenes de menos de 35 años y de toda la capacidad de movilización, hasta ahora inédita, del Labour Party y de las Trade Unions.

La Unión Europea no será la misma sin el Reino Unido, aunque en Bruselas hay quien prepare el plan B para reformarla en un sentido federal si los británicos euroescépticos la abandonan. Sin duda, el gran capital financiero es partidario del remain y agitará la campaña los últimos días. Pero a menos de diez días, la sombra del Brexit pende sobre el Eurochannel.

O suspenso histórico de Núñez Feijóo

O economista Marcelino Fernández Mallo é unha das cabezas mellor amobladas deste país. E vén de nos presentar unha serie de dados estatísticos (a fonte é o INE estatal) a respecto do emprego na Galicia e no Estado, comparando a primavera do 2009, cando Feijóo acadou o Poder galego e a actual primavera do 2016. Miren de sentar antes de lelos, porque son arrepiantes. No segundo trimestre do 2009 (2T-09) a taxa de desemprego na Galicia era do 12,6 % fronte ao 17,8 % estatal. Agora, na fin do primeiro trimestre do 2016 (1T-16) o desemprego galego é do 18,2 % fronte ao 21 % estatal. A diferenza entre ambos os níveis subiu dos 2,8 pontos aos 5,2. Entre o 2T-09 e o 1T-16 o número de parados medrou un 36,7 % na Galicia (de 167.000 a 228.000), fronte ao 15,7 % do medre no Estado. Para máis, os dados da poboación activa son terríbeis tamén: encolleuse un 5,4 % na Galicia fronte ao 2% no Estado. Mais os peores dados son os da poboación inferior a 35 anos, porque aquí a poboación activa perde un 31,5 % en sete anos, de 470.000 a 322.000, o que xunto cos dados do paro nestas franxas de idade dan nun 37 % de redución da poboación ocupada de menos de 35 anos entre o 2T-09 e o 1T-16. Estas evidencias enténdense mellor se atendemos a que nestes anos liqui­douse o subsistema financeiro de Galicia, reduciuse substancialmente o sector das enerxías renovábeis, agraváronse as crises endémicas dos sectores alimentario, mar-industria e monte-industria e desprezáronse absolutamente as políticas de reactivación empresarial. E desmontan absolutamente o mito de Núñez Feijóo como bo xestor. Non, non é verdade. Nunca na Galicia tivemos un goberno tan ineficiente e tan incompetente. As enquisas, por outra banda, comezan a reflectir que a cidadanía galega xa non merca ese relato. Anúnciase para o vindeiro outono a grande probabilidade de que unha alternativa plural, quizais tripartita (espazo das Mareas, PSdeG e BNG) poida substituir no Goberno galego esta catástrofe. Velaí que sexa tan importante, para estas forzas da oposición, definir conxuntamente un programa de goberno realista e transformador, que reactive a nosa economía e dinamice a nosa sociedade adurmiñada.

A Renda Básica de Integración

O goberno local d’A Coruña presentará este mes no Pleno unha Ordenanza para regular a percepcIón dunha Renda Básica de Integración (RBI) por parte dos residentes que cumpran uns determinados requisitos. A medida constitúe un dos pontos fulcrais do programa electoral que o alcalde Xulio Ferreiro e a Marea Atlántica presentaron ás últimas locais de maio do 2015.
Esta caste de prestacións son esenciais nunha época de crecente exclusión social, coma nesta que vivimos. Na nosa Galicia, a porcentaxe de poboación en risco de exclusión medrou do 16 ao 20%, mentres que tres millóns de cidadáns españois ficaron fóra da clase media dende que comezou a Grande Depresión. Estas Rendas garanten unha existencia digna, concibida como dereito da persoa, e resolven, dende logo, moitas cuestións que ameazan a inclusión social. Dende a pobreza enerxética, até a presión de determinados empregadores que poden usar a actual falla de cobertura social como medio coercitivo para obter traballadores que perceben o salario mínimo por dez ou once horas de traballo.
Adoita obxectarse a esta caste de prestacións un suposto efecto desincentivador sobre a busca de emprego, É dicir, habería supostamente persoas que eludirían traballar para cobrar, no seu canto, esta caste de prestacións. Cómpre desbotar este argumento de patacón. Ninguén con sentido común deixa de traballar para cobrar unha paga de pouco máis de 500 €.
Canto ao impacto na economía global, cómpre dicir que esta caste de rendas suple a falla dun nível mínimo de ingresos, polo que simplemente complementará, no peor dos casos, as pensións contributivas e non contributivas, subsidios por desemprego ou RISGA. E suporá unha dinamización canto aos consumos de primeira necesidade, cun importante impacto na facturación das pemes locais.
En último de contas, a Renda Social de Integración é unha solución acaída e precisa, mais certamente non abonda para resolver os complexos problemas de inclusión e cohesión social que os gobernantes austericidas contribuíron a xerar neste tempo de recesión. E quitará moitas persoas do burato de miseria no que viven.

Cen anos das Irmandades da Fala

Esta primavera cúmprense cen anos da fundación das Irmandades da Fala d’A Coruña, primeiro e de Santiago de Compostela, despois. A esta fundación axiña seguirían outras vinte e seis polo País adiante. As Irmandades nacen na I Guerra Mundial conectadas co agromar en Europa do rexurdimento das nacionalidades (velaí a rebelión de Páscoa en Irlanda) para reivindicar o galego como lingua de futuro e progreso. Por iso xuntaron axiña o máis dinámico e moderno da intelectualidade e sectores profesionais galegos, alicerzándose nunha ampla transversalidade, dende conservadores como Lousada Diéguez, Vicente Risco ou Cabeza de León até unha maioría progresista (Peña Novo, Villar Ponte).
Remataba a guerra mundial e mataba a gripe española millóns (entre eles o líder natural irmandiño, Lois Porteiro Garea), cando as Irmandades definiron por primeira vez o galeguismo como nacionalista, na Asemblea de Lugo de novembro do 1918. O galeguismo espállase e convértese en organización de masas ao arraizar no agrarismo. Mentres, os galeguistas sitúanse na vangarda cientìfica e fundan no 1923 o Seminario de Estudos Galegos. Tamén atenden á promoción deportiva, nomeadamente do fútbol. Son galeguistas os que fundan o Eiriña en Pontevedra ou bautizan a fusión do Vigo Sporting e do Fortuna (1922) co patriótico nome de Celta.
No mundo empresarial, son galeguistas os que fundan a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, dirixida por Alexandre Bóveda, o fundador do Banco Pastor (D. Ricardo Rodríguez Pastor) ou o director-copropietario do Balneario de Mondariz, D. Enrique Peinador Lines. Mentres, a Igrexa coñece do pulo galeguista do Arcebispo Lago ou dos pensadores da revista Logos. Máis serodio é o arraizamento do galeguismo na clase operaria, malia que as relacións entre o sindicalismo cenetista n’A Coruña e o galeguismo sempre foron cordiais e fluídas.
O avance de Galicia até 1936 foi moi importante, tanto no ámbito empresarial e financeiro como no campo social e político. Mais no verán dese ano trunfou o golpe da barbarie criminal, que atendería nomeadamente reprimir calquera manifestación de galeguidade e facer esquecer este próximo pasado, sen o que a Galicia de hoxe en día non sería comprensíbel.