Xulgar dende a España profunda

A medida cautelar adoptada por unha xuíza de Marbella privando da custodia dunha cativa dun ano á súa nai, unha cidadá galega, causou grande anoxo no noso País, pois que se alicerzaba parcialmente en que a nosa compatriota marchara coa crianza a Torea, no concello de Muros, supostamente na “Galicia profunda”, deixando a cidade andaluza onde até entón vivía. Porén, cómpre recoñecer (aínda que non veña ao caso do que estamos a escrebir) que existían uns outros motivos na decisión xudicial, algúns moi discutíbeis e quizais algún outro digno de certa consideración. En calquera caso é moi grave que esta maxistrada, como cualificada funcionaria investida dun importante poder, amose a súa ignorancia, desleixo, supremacismo e desprezo en doses tan elevadas.
Amosou a súa ignorancia ao descoñecer que Torea-Muros está a 10 minutos dos bos colexios e Institutos de Muros, comercio de proximidade, centros de saúde e áreas comerciais de Muros, 20 dos de Noia, 40 de dous campus da terceira Universidade en calidade do Estado (a USC), e dos moi ben dotados hospitais do CHUS e a 45 do aeroporto internacional compostelán Rosalía de Castro.
Manifestou o seu evidente desleixo pola pluralidade de camiños vitais dentro dunha sociedade moderna e evoluída ao desprezar a potente rede familiar e amizades de apoio á nai nun habitat como o do rural galego, así como as vantaxes ambientais, culturais e educativas da vida no rural.
Expresou o seu supremacismo a respecto non só da cidadanía galega, nomeadamente da Galicia rural, senón a respecto das nais -e pais- que escollen, nuns intres vitais tan concretos e especiais como a crianza dunha filla nos seus primeiros meses un réxime de dedicación preferente ao menor, que subordine os proxectos profesionais a épocas posteriores e multiplique o tempo de atención á cativa durante os primeiros anos da súa vida. Proxecto moito máis viábel a carón dos coidados e axuda material da familia e amizades e nunha contorna cunha vida máis económica e sinxela.
E ditaminou o seu desprezo -un desprezo impropio dun alto funcionario dun Estado democrático- por un obxectivo fundamental europeo, como é dignificar a vida no rural e fixar poboación no territorio non urbano, para acadar un meirande equilibrio enerxético e un desenvolvemento económico sostíbel.
Son estas actitudes que os servidores públicos (e con moitos máis motivos as persoas que ocupan a maxistratura) han evitar e para iso, canda os estudos xurídicos, compre abrirse ao coñecemento doutros países, realidades e maneiras de vivirmos a vida. Doutro xeito seguirán a xulgar, seguirán a xulgarmos, dende a España profunda.

ENCE e a fraude de lei

O Dereito quítalle todo efecto aos actos feitos a medio de fraude de lei, é dicir, que usen dunha norma aparente de cobertura para acadar un resultado prohibido polo Dereito. Por outra banda, o Dereito Administrativo coida nulos de pleno Dereito os actos administrativos que incorran en desviación de poder, é dicir, que unha Administración Pública empregue as súas facultades para finalidades distintas das previstas pola lei que llelas outorga.
A lexislación de portos prevé a posibilidade de ampliar o dominio público portuario (é dicir, os terreos públicos a carón do mar destinados ás fins propias da actividade portuaria) a terreos de costa que poidan servIr para os usos complementarios do porto, malia que non teñan continuidade cos previamente afectados. Máis aínda, poderán engadírselle ao dominio público portuario os terreos dedicados ás actividades industriais ou comerciais conectadas de xeito relevante coa actividade cotiá do propio porto.
Neste senso, a posibilidade teórica reflectida no moi recente informe do Consello Consultivo de Galicia a respecto da adscrición ao Porto de Marín dos terreos de dominio público marítimo-terrestre que ocupa arestora ENCE, sob a apariencia de cumprimento dos requisitos formais da Lei de Portos, incorre nunha clara fraude de lei, ao tentar resolver a caducidade declarada xudicialmente a respecto dos terreos que ocupa ENCE na Ría de Pontevedra, a medio dunha ampliación do dominio público portuario, que a Autoridade Portuaria de Marín até agora nin requiriu de xeito formal nin anunciou fose precisa para o cumprimento das súas finalidades portuarias.
Unha eventual adscrición dos terreos de ENCE ao dominio público portuario de Marín sería, pois, nula por fraude de lei. Mais tamén por desviación de poder, pois a Xunta aproveita o control que ten a respecto do libre nomeamento e cesamento do Presidente e máis da metade do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e demais portos de interese xeral de Galicia para suxerir un camiño ilegal, usando da facultade da Autoridade Portuaria para lle propor ao Ministerio de Fomento a ampliación dos seus terreos de uso portuario para lle resolver o problema a ENCE. Para lle resolver o problema ao amigo.
Velaí a grave cuestión, xa non só ambiental, senón institucional e de convivencia democrática. Que o Goberno Feijóo, que defendeu até 2012 o traslado de ENCE fóra da Ría de Pontevedra, estea disposto mesmo á fraude de lei e á desviación de poder para beneficiar os seus concretos intereses.

Disparármonos ao pé

Nesta xeira do debate da nación, PPdG e PSdeG aprobaron no noso Parlamento unha proposta contra o dereito a decidir de Galicia, pois que “o futuro colectivo da nación española corresponde a todos os españois”. Cómpre respectarmos esta proposta, porque defender Galicia como parte inseparábel da indivisíbel España é absolutamente lexítimo.
Mais cómpre analisarmos fondamente esta idea. Pactarmos unha España unida desde a igualdade de dereitos e a garantía do noso benestar sería unha boa opción, se o facemos dende a cosoberanía, pactando unha unión desde unha mestura de ferramentas de federalismo asimétrico e confederalismo. É dicir, se pactamos a unidade do Estado español no contexto da unidade europea reservándonos un amplo autogoberno que garanta plenas competencias a respecto da nosa lingua, cultura, educación, Dereito Civil, ordenamento territorial e réxime local e o control das ferramentas para o noso benestar: os portos e aeroportos todos, as políticas de promoción económica e, por riba de todo, a normativa fiscal e máis a recadación, liquidación e inspección do conxunto dos tributos todos, porque non pode haber autogoberno sen financiamento nin descentralización do gasto público sen a parella descentralización do ingreso público.
Velaí que o aprobado este día polo Parlamento amose o peor dos dependentismos amosado nunca pola nosa Cámara ao longo dos seus case 40 anos de vida. Porque a proposta aprobada non defende a unidade do Estado no contexto da Constitución de 1978. Non. O aprobado é moito máis grave, porque demite dos dereitos históricos de autogoberno recoñecidos á Galicia ao abeiro do artigo 2 en relación coa Disposición Transitoria Segunda da Constitución que, incorporados ao Estatuto, esixen que calquera modificación do marco xurídico-político galego sexa aprobada polos representantes parlamentarios do Estado e de Galicia de xeito bilateral e paccionado.
O Parlamento de Galicia vén de recoñecer que o Estado español poida decidir el só a respecto do noso futuro político, sen nos consultar ao respecto. Esta decisión conecta coa recentralización adoptada a medio da mutación constitucional material levada adiante estes anos polo Tribunal Constitucional, desnaturalizando as fórmulas bilaterais da Constitución de 1978 e do Estatuto de 1981 e deixa á intemperie ao noso País.
Confunden o cu coas catro témporas o PPdeG e o PSdeG? Queren negar o dereito ao autogoberno galego? Ou queren definir xa de vez o Estatuto como simple carta outorgada e ao autogoberno como concesión española?
Velaí que o dependentismo sexa cativo, curto de ollada e prexudicial para o noso futuro social, económico e cultural.

¿Deja el 12 octubre un relato cargado de supremacismo y extremismo?

La derecha extrema del PP y la extrema derecha de Vox se han rearmado con un relato del 12 de octubre lleno de supremacismo español y falto de rigor histórico, mientras el Estado español sigue celebrando su fiesta civil exclusivamente mediante la demostración de fuerza militar.
Somos millones los ciudadanos del Estado que no nos sentimos españoles y que, quizás, en algún momento de nuestras vidas, se nos pudo ganar para una convivencia plurinacional.
Pero lo cierto es que el Estado español, a lo largo de los 43-45 años transcurridos desde la transición, solo ha demostrado una única manera de concebir España: la uninacional castellana, que es, además, la que conviene a sus élites extractivas, presentes en la Monarquía borbónica desde primeros del siglo XVIII, presentes -omnipresentes- desde Felipe V a Felipe VI, pasando por Franco y Juan Carlos I.

El mensaje habitual del 12-O
Un año más, hemos asistido a una “fiesta nacional española” construida en torno a una fecha que conmemora una historia de conquista, sometimiento y colonización, por la que en numerosas ocasiones tanto los pueblos indígenas americanos, como sus dirigentes políticos y sociales, desde López Obrador hasta Evo Morales, pasando por el papa Francisco y por muchos de los mejores autores literarios en lengua castellana del siglo XX, han exigido unas disculpas nunca comunicadas por la Monarquía borbónica o por los sucesivos gobiernos del Estado. Claro es que España nunca ha pedido tampoco disculpas por la atroz represión sufrida por el País Valenciano, Aragón, Catalunya y les Illes (respectivamente desde 1707, 1711, 1714 y 1716) ni tampoco por la doma e castración do reino de Galicia (desde 1480) o por la represión vasca posterior a las guerras de 1833-1840 y 1872-1876.
Una vez más, el Estado no celebra su fiesta civil con demostraciones populares, culturales, recreativas, gastronómicas, familiares o deportivas ni con celebraciones de masas, sino con un costoso desfile militar. La España de 2021, gobernada por la coalición de las izquierdas estatales PSOE-Unidas Podemos-En Comù Podem-Galicia en Común, sólo sabe reivindicarse y mostrarse al mundo desde la demostración de la fuerza bruta militar. Lástima que este año la Patrulla Águila (que invadió los cielos de Santiago de Compostela el pasado 25-Xullo con su humareda roja y gualda, en clara provocación frente a las 25.000 personas de la habitual manifestación soberanista del BNG) haya pintado sorpresivamente Madrid con los colores de la bandera republicana. Miren vds, parece que hay personas infiltradas en todos los sitios.

La derecha unionista quiere ganar la batalla del relato
Pero este año hemos asistido a mensajes desde la derecha extrema del PP y desde la extrema derecha de Vox que avanzan un salto cualitativo respecto del mensaje de siempre.
En las recientes convenciones del PP y de Vox y en otros eventos inmediatos tanto Aznar, como Díaz Ayuso, Esperanza Aguirre o Aleix Vidal-Quadras han defendido un relato supremacista y extremista respecto, tanto de la monarquía y constitución españolas, como del proceso de conquista y colonización americanas, equiparando las reivindicaciones indigenistas americanas con los soberanismos catalán, vasco o gallego. Equiparando como realidades enemigas tanto la identidad de los pueblos de América como la de las naciones sucesivamente sometidas por la fuerza bruta (1476-80 Galicia, 1707 País Valencià, 1714 Catalunya, 1833-1840 Euskadi y Nafarroa) y progresivamente minorizadas por la Monarquía castellana, después borbónica.

La izquierda española no tiene un relato alternativo
Desgraciadamente la izquierda española no tiene -ni tuvo- relato alternativo al histórico-identitario-territorial de la derecha española. Disculpen, si es posible que defiendan un relato alternativo (y hacen bien) en lo referente a la colonización americana, porque siempre han demostrado preocuparse más por la salud y el futuro del quechua, aymana o swahili que por el del catalán, euskera y gallego. Pero el relato que no han confrontado nunca en su vida es el de la supuesta existencia de una nación española de 500 años de duración, el que niega que Catalunya constituyó el pal de paller de la Corona confederal catalano-aragonesa, conquistando Córcega, Cerdeña, Sicilia y parte de Grecia, mientras su comercio dominaba el Mediterráneo, con consulados abiertos en toda el área. O el que niega que el reino de Pamplona, fundado por Eneko Aritza, era un reino euskaldun que constituyó la primera potencia de la península ibérica en la primera mitad del siglo XI. O que niega que el reino suevo de Galicia (siglo VI) fue el primer regnum de la Europa posterior al Imperio Romano y que el reino de Galicia y León de Afonso VII, en la primera mitad del siglo XII y de Afonso VIII y Fernando II (1158-1230) tenía su núcleo central en Compostela, siendo el Pórtico da Gloria la cristalización de esta época dorada, que acaba con la unión personal del Reino de Galicia con el de Castilla bajo Fernando III, en 1230.

Relatos nacionales contra el supremacismo borbónico-unionista
Por ello es necesario constatar que la derecha española está ya en modo “guerra cultural” y que va a dar la batalla en la escuela, en la Universidad, en la empresa, en las redes sociales, en los medios digitales e impresos y en las TV y radios. Y frente a este río de lava tóxica es necesario fortalecer y afinar los relatos que expliquen la historia de nuestras naciones (catalana, gallega o vasca), el carácter democrático y no agresivo de nuestros soberanismos y la capacidad de los mismos para integrar, de modo transversal, a casi todas las personas, también a aquellos para quienes la religión católica, la escuela concertada o los valores familiares tradicionales constituyan una referencia de vida. O a aquellos que confíen en reformas económicas transformadoras que avancen en una convivencia mucho más igualitaria o exijan construir una convivencia en las que la igualdad entre hombres y mujeres y la integración de pleno derecho de los colectivos LGTBI sean políticas transversales rectoras de la acción, tanto de gobierno como de oposición.
Desde el soberanismo catalán, vasco, gallego o valenciano la reivindicación de la unidad europea (quizás, casi seguro, de otra unidad europea), de los valores liberales y democráticos, de un claro espíritu de tolerancia y acogida, deben servir para demostrar que hay otro camino frente al camino supremacista, excluyente y extremista que ha elegido la derecha unionista española y que no es capaz ni de frenar -ni siquiera de criticar en el ámbito de las ideas- la izquierda española.

O PP, canda Vox

O nidio trunfo do PP de Díaz Ayuso e Vox nas autonómicas madrileñas de maio xeraron de vez unha onda pro maioría dual das dúas dereitas nas enquisas para as vindeiras estatais, de xeito que case todas anuncian que Cs morre e PP e Vox obteñen unha maioría absoluta curta. Substancialmente trátase dun reasignamento de escanos, nomeadamente nas pequenas circunscricións (3, 4 ou 5 deputados) da España baleira, mais tamén hai un chisco de aliñamento coa nova mensaxe PP-Vox en determinados ámbitos do Estado español, de xeito principal na rexión madrileña e nas capitais castelás e andaluzas, sen que sexa polo de agora albiscábel este fenómeno noutras nacionalidades e sen prexuízo de que esta onda poida chegar tamén aos nosos barrios e que, mesmo sen se modificar de xeito substancial o asignamento de escanos da Galicia nunhas estatais, abonde con estas rexións, cidades e circunscricións para garantir unha maioría absoluta da dereita e da extrema dereita no Estado. O afundimento de Cs coa lei D´Hondt é unha bomba adiada.
Velaí que Casado deixase de pór os marcos que sinalou no outono de 2020 con Vox (canda o debate da moción de censura que presentaron os extremistas) e organizase unha convención itinerante para lle comunicar ao electorado que o PP de hoxe en día afástase do centro político e achégase á extrema dereita de Vox, dotándose dun discurso supremacista español e duns valores propios da guerra cultural do trumpismo USA. Neste contexto, Vargas Llosa manifestou que o importante non é votar en liberdade, senón “votar ben” e Aznar dixo que España non é “nin plurinacional, nin multinivel nin a nai que a pariu”, amosando que o seu son os valores do pluralismo político e territorial e o xorne liberal e democrático. Mentres, Vidal-Quadras certificaba o fracaso do Estado autonómico e máis a necesidade dunha remuda institucional na gobernanza territorial do Estado.
O problema é que estas diagnoses enchoupan as estruturas do Deep State (altos cargos militares, policiais e dos corpos de elite da Administración do Estado, directivos do Ibex 35 e das media madrileñas, opinadores da capital do Estado) e reforzan as tendencias recentralizadoras no político e no económico, ameazando directamente calquera política a prol do autogoberno e do desenvolvemento social e económico de Galicia e do benestar e calidade de vida da cidadanía galega.
Nestas circunstancias… que pensan Núñez Feijóo e o PPdeG desta enxurrada extremista, supremacista e autoritaria? Como cren que incidirá este binomio PP-Vox no futuro de Galicia? Que grao de adhesión e comprensión manteñen cun partido, o PP, botado ao monte do extremismo e do supremacismo?

O efecto Puigdemont

Imos ver este luns 4-Ou o remate do affaire atinxente ao prendemento do president catalán no exilio, Carles Puigdemont. Neste día celébrase a vista para a súa extradición na Corte de Apelación sarda de Sassari, despois de que o Tribunal Supremo español lle maniféstase á devandita Corte a total vixencia da euroorde de prendemento decidida contra el e contra da consellera Ponsatí e do conseller Comín polo Tribunal Supremo (TS) español.
Este asunto xudicial non lles é máis que unha total trapallada española. En marzo de 2021 o Parlamento europeo decidiu despoxar Puigdemont da súa inmunidade parlamentaria, executando unha decisión xudicial española. Recorreu o president perante a xustiza europea e esta de xeito cautelarísimo outorgoulle inmunidade, da que lle privou o pasado 30 de xullo, ao coidar que era imposíbel que se dese un prendemento por parte de calquera tribunal de calquera Estado membro da UE, pois que a Avogacía do Estado do Reino de España manifestara que a euroorde do TS contra del perdera vixencia por mor da cuestión prexudicial remesada polo mesmo TS ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para clarexar se a decisión da xustiza belga ao rexeitar a euroorde a respecto do conseller Lluís Puig era concorde coa normativa que regulaba os devanditos pedimentos de colaboración xudicial interestatal europea.
Porén, a euroorde do TS segue vixente e o Tribunal sardo ha considerala este luns 4-Ou, quer para admitila, quer para rexeitala. Mais a xustiza europea considerou esta non vixente pola manifestación do representante procesual do Estado español, que é vencellante para todos os Poderes do Estado, mesmo para o TS. E a propia xustiza europea sinalou que, de existir algún risco de prendemento para Puigdemont, outorgaría medidas cautelares de inmunidade. Velaí a solicitude que os avogados do president lle fixeron este venres 1-Ou ao Tribunal Xeral da Unión Europea, que habería ser resolvida de xeito favorábel, quer este mesmo luns 4-Ou, quer moi pouco tempo despois.
Xa que logo, a xustiza española vai perder si ou si. E Italia vai ser o cuarto Estado da UE (logo da Alemaña, Bélxica e Escocia antes do Brexit), canda a neutral Suíza, en rexeitar unha extradición española que incumpre, ao xuízo dos Tribunais destes estados europeos, principios de dereitos fundamentais como o da dupla tipicidade (no acervo xurídico europeo non existe a sedición e a malversación impropia española non se corresponde coa corrupción prevista nas euroordes) ou o xuíz ordinario predeterminado pola lei (Puigdemont habería ser axuizado polo Tribunal Superior de Catalunya e non polo TS; ser xulgado polo TS faille perder o seu dereito fundamental ao recurso de apelación).

A vixencia do efecto Puigdemont
Nestas datas nas que se cumpren catro anos do referéndum de autodeterminación catalán (1-Ou) e da folga de país contra da represión daquela data (3-Ou) a presenza europea do president Puigdemont reflicte diante da Europa e o mundo todos as deficiencias democráticas dos poderes xudicial e executivo españois e o grandísimo acerto estratéxico da vía do exilio e da reivindicación europea e internacional que comezou o xironés aquel luns 28-Ou de 2017 no que marchou de Catalunya.
Velaí que, canda as lexítimas institucións autonómicas catalás (desgrazada e indisolubelmente vencelladas aos procesos electorais nados do 155, no 2017, e do inxusto cesamento xudicial do president Torra no 2019), o legado do 1-Ou habería ser gardado por institucións suprapartidarias (como o president Puigdemont ou o Consell per la República) que poidan trascender á división entre partidos e reconducir á unidade a estes e ás organizacións da sociedade civil, como a ANC ou Òmnium.
En calquera caso, Carles Puigdemont constitúe un referente, non só para a ciadadanía de Catalunya, senón para unha Europa que quere vivir en democracia e liberdade refugando das correntes autoritarias e supremacistas que xorden decote no Vello Continente e, nomeadamente, xurdiron no Estado español desde e despois do outono catalán de 2017.

Minorizan a nosa lingua

A desigualdade xurídica do galego a respecto do castelán xorde da propia Constitución española. Non tanto do seu artigo 3 -que dispón a obrigatoriedade do coñecemento do castelán- senón da interpretación que lle foi dando o Tribunal Constitucional, que declarou en maio de 1986 inconstitucional a obriga de coñecer o galego da nosa lei de normalización lingüística e declarou inconstitucional en xuño de 2010 o carácter de lingua de uso preferente do catalán nas Administracións operantes na Catalunya.
Velaí os alicerces xurídicos que perpetuan o galego como lingua minorizada (para nada minoritaria). A Xunta e os concellos non teñen posibilidade legal de impor a obriga do coñecemento da lingua aos xuíces, notarios, rexistradores, funcionarios do Estado…Velaí a importancia das accións de discriminación positiva, canda a futura resolución desta anomalía constitucional.
Neste contexto, o Goberno do Estado está a piques de aprobar un proxecto de lei de comunicación audiovisual que non garante mínimos para o galego, euskera nin catalán na programación da cota mínima do 30% dedicada a obras audiovisuais europeas nas plataformas de contidos de TV (Netflix, HBO ou Amazon Prime). O anteproxecto reserva o 50% desa cota a obras en castelán ou en calquera lingua cooficial do Estado, mais non blinda mínimos para estas. Como tampouco reserva mínimos para o galego no 50% do 5% da facturación que as produtoras que ingresan maís de 50 M€ han reservar para obras europeas.
A gravidade desta decisión (provisional e reversíbel no Congreso se as forzas soberanistas que sosteñen o Goberno do Estado saben xogar as súas cartas e vencellan este debate ao dos Orzamentos de 2022) non atinxe só á exclusión do galego na grella da TV presente e futura, senón á potencia económica do noso audiovisual. Garantir mínimos en galego é potenciar a nosa creación, facer que as plataformas contraten as nosas producións, traballar a prol do “galician noir” e mesmo das nosas localizacións para as rodaxes. Corrixindo deste xeito a intencionalidade recentralizadora do anteproxecto de Nadia Calviño. No lingúistico e no económico.
Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaría as potencialidades da industria audiovisual española”. Ese mesmo día, desde a mesma ideoloxía recentralizadora no económico e no cultural, Aznar negaba a plurinacionalidade do Estado e máis a utilidade nel dun goberno multinível.
Tiña razón o grande Josep Pla. O máis semellante a un español de dereitas é un español de esquerdas.