O acordo BNG-Anova: xenerosidade intelixente

O acordo asinado o domingo 14 en Compostela entre cadanseus máximos representantes do BNG e Anova, Ana Pontón e Martiño Noriega quere pechar a fenda aberta na cita congresual de hai doce anos en Amio e curar as graves feridas que causou. E esixiu moita xenerosidade en ambas as dúas partes para asumir o próximo pasado, esquecendo ou polo menos, relativizando as amplas diverxencias de cadansúa estratexia política recente. O BNG é xeneroso esquecendo Amio e acollendo Anova como parceiro no proxecto común soberanista de acadar a Presidencia da Xunta para Ana Pontón o 18-F, e Anova é xenerosa ao se reintegrar na acción política común sen esixir cotas orgánicas nin electorais e asumindo unha emenda á totalidade á estratexia desenvolvida entre as eleccións galegas de 2012 e 2020, período no que Anova partillou fórmulas de coalición coa esquerda estatal.
Mais o acordo é, ademais, intelixente. Fronte aos espectáculos de división nas eleccións municipais da Coruña de 2023 entre Marea Atlántica e Podemos-EU e destas nacionais de 2024 entre Sumar e Podemos e fronte ás exclusións de cadanseus sectores minoritarios do PSdeG nas candidaturas destas galegas e das de 2020, a aperta de antonte entre Pontón e Beiras é un exemplo de unidade, de estratexia acaída e de superación do pasado para ollar ao futuro. Na conxuntura vital actual de Xosé Manuel Beiras e tendo en conta a súa traxectoria política, este aceno é singularmente patriótico e esixe dos sectores máis conscientes deste país o seu nidio recoñecemento.
O acordo é de luces longas e ha proxectar os seus efectos alén das vindeiras eleccións. Mais terá sen dúbida un efecto electoral positivo, contribuíndo a concentrar o voto non só soberanista, senón galeguista e mesmo pertencente a outros sectores da Galicia moderna e do cambio.
Coincide no tempo este acordo cunha recente entrevista na prensa estatal co antigo voceiro do BNG e vicepresidente da Xunta (2005-2009), Anxo Quintana, na que manifesta a conveniencia desta concentración de voto da xente que quere unha remuda no BNG, ao tempo que advirte que os soberanistas teñen capacidade de disputa electoral co PP, pois que “… hai moita xente en Galicia que quere que exista un Goberno galego dirixido por un partido galego”, malia que moitos destes non se declaren nacionalistas nin de esquerdas. Quintana cre que o BNG de hoxe está moito máis clarificado e adulto que o de 2005 e afirma non ver desmobilización, senón máis ben interese en amplos sectores da sociedade en facer posíbel un cambio.
Cara ao 18-F o escenario está cada vez máis aberto. E a desmobilización conformista que queren Rueda e Feijóo semella moito máis incerta.

Sumar restando

Yolanda Díaz vén de presentar na Coruña o seu proxecto político de esquerda española para Galicia (Sumar Galicia), mais nestas 72 horas curtas recibiu dúas malas novas: Podemos concorrerá ás eleccións galegas e Anova (que foi na compaña da esquerda estatal nas estatais de 2015 e 2016 e nas galegas do 2016) non se unirá á plataforma da política ferrolá.
Estas malas novas engádense á case inmediata convocatoria electoral de Rueda e ao rexeitamento que algúns persoeir@s do galeguismo político lle expresarían, segundo fontes xornalísticas, a Díaz a respecto da súa oferta para ser candidat@s de Sumar á presidencia da Xunta. Uns ofrecementos con moi poucas posibilidades iniciais de bo suceso a pouco consciente que fose a vicepresidente e ministra estatal tanto das resultas nos seus antigos aliados da súa pasada acción política neste País como da importancia da autoorganización política para @s persoeir@s do galeguismo político, tanto do presente como do próximo pasado.
É evidente que, nesta altura, Sumar na Galicia non mobiliza nin convoca. Mesmo ao non achegar nada novo nin é quen de refacer o finado espazo mareante nin o das esquerdas españolas na Galicia. Sen organización nin -polo de agora- persoa candidata, competindo electoralmente contra Podemos, sen acordos garantidos con Esquerda Unida nin acordos posíbeis con Compostela Aberta e co resto das devalantes ou case extinguidas marés galegas, a súa proposta electoral encamíñase a lle facer un bo servizo, seica non pretendido, a Rueda e ao PPdeG.
Deste xeito, esta plataforma política semella un simple apéndice persoal de Yolanda Díaz. Porque non habería nin procesos democráticos de escolla de dirixentes nin de candidatos, nin converxencia de distintas sensibilidades políticas. Só a necesidade de Díaz de que a súa marca estea presente nas eleccións nacionais do seu País de orixe.
E velaí a súa exclusiva responsabilidade política. Porque é probábel que unha maioría da cidadanía estea pola remuda á fronte do Goberno galego. Mais, desde logo, a mesma non poderá ser posíbel sen un acordo entre as forzas que poidan facela. E, diante desta conxuntura política, semella que arestora só o BNG e o PSdeG, só Ana Pontón e Xosé Ramón Besteiro, poderán ser protagonistas da solución á ecuación.
D´Hondt non perdoa. E o que non é quen de sumar só pode restar.

Os erros galegos de Pablo Iglesias

Pablo Iglesias tivo a intelixencia de constatar a fin do seu ciclo político, xusto ao se cumprir neste maio dez anos das mobilizacións cidadás do 15-M. Porque Iglesias fracasou nas eleccións rexionais madrileñas, nomeadamente en comparanza co trunfo relativo na esquerda do Más Madrid de Mónica García, fundado polo seu antiguo compañeiro Errejón. Un partido a quen tentou subordinar propoñéndolle unha coalición liderada por el propio, no que constituíu o último dos seus erros políticos.
Na Galicia, Pablo Iglesias aproveitou a desafección inmobilista coa que o BNG enfrontou no 2011 o 15-M (como vén de observar aqueladamente o analista político David Rodríguez) situando Podemos como miolo pensante e forza directiva da nova política galega, desde baleiras apelacións a respecto da personalidade nacional de Galicia, mais sen integrar na súa análise de base a realidade económica, social e política do noso País e proxectando a falsa idea de que os problemas das clases medias e traballadoras eran comúns en todo o Estado. Iglesias e Podemos non analisaron cuestións esenciais como o acelerado proceso de recentralización económica, o efecto-sede en Madrid das políticas de investimento estatais, o dumping fiscal madrileño ou a evidencia de que os sectores económicos fulcrais para Galicia sexan prescindíbeis para o Estado español.
Canto ás decisions orgánicas e electorais na Galicia todo foron erros. Na primavera de 2015 Podemos Galicia retraeuse, en xeral, do proceso das municipais e da formación das Mareas locais. Cara ás xerais de 2015 Podemos matou o obxectivo de milleiros de crear unha organización nacional galega de ampla base para estruturar unha coalición dende cadanseus cumios entre Podemos, EU e Anova. Iglesias e Yolanda Díaz incumpriron o mandato cidadán do grupo parlamentario galego e os deputados galegos dos Comúns (agás Alexandra Fernández co seu aceno de dignidade) remataron por votar a primeiros de 2019 un dos peores Orzamentos estatais para Galicia da historia recente.
Pablo Iglesias e Echenique boicotearon a decisión congresual de En Marea (xuño de 2016) para se constituír nunha organización soberana e exclusivamente galega, impoñendo unas primarias amañadas que determinaron que 7 dos 14 deputados de En Marea nas galegas de 2016 fosen militantes de Podemos. Podemos boicoteou tamén o liderado político e parlamentario de Luís Villares (2016-2019) de xeito conscientemente filibusteiro, xerando escenas verdadeiramente vergoñentas.
Recoñecendo a honradez persoal (non diría tanto política), cultura, capacidade de comunicación e intelixencia de Pablo Iglesias, recoñecendo o inxusto das campañas de acoso e despersonalización que sofriu, o certo é que na Galicia non o imos botar a faltar.

12-X (I): o fracaso de Galicia en Común

Principiamos esta xeira de análises sobre as pasadas eleccións nacionais do 12-X enxergando o grave fracaso de Galicia en Común-Anova-Marea. Porque o afundimento dos comúns é unha das conclusións ben rechamantes da xornada electoral. O partido En Marea (que este día partillou a coalición Marea Galeguista acadando só o 0,22% dos votos) integraba no verán de 2016 tamén este espazo, malia os malfadados ataques do Podemos de Echenique e Pablo Iglesias para hexemonizar un proxecto no que nunca acreditaron. Despois viñeron acontecementos tan negativos como o espectáculo de Luca Chao primeiro e a indigna argallada da ministra Yolanda Díaz e do desubicado Gómez-Reino despois ao lle impor á representación parlamentaria estatal de En Marea o voto a prol dos peores Orzamentos estatais para Galicia desde a época de Aznar. Aquí naceu o mito da deputada Alexandra Fernández, ao votar en contra desta arbitrariedade. A xove viguesa é hoxe deputada electa do BNG, tracexando o percorrido que o 12-X reproduciron ducias de milleiros de persoas electoras.
Os comúns afundíronse co 3,93% de votos fronte ao 19,07% obtido polo espazo mareante no 2016. Máis de 50.000 votos guindados ao caldeiro do lixo da historia absolutamente improdutivos. A ministra Yolanda Díaz non é quen de quitar un deputado nas eleccións nacionais do seu País. Xosé Manuel Beiras pecha o ciclo de AGE escrebindo un cero no taboleiro das marcas. Un acontecemento quizais radical, mais concorde cos efectos producidos polos erros duns e doutros actores do espazo mareante..
Como é posíbel que o ciclo dos 9 deputados da AGE das eleccións nacionais de 2012, dos 14 de En Marea nas mesmas eleccións de 2016, das alcaldías coruñesa, compostelá e ferrolá das locais de 2015 e dos seis deputados ao Congreso nas estatais de decembro de 2015 e os 5 das mesmas eleccións de xuño de 2016, rematasen deste xeito? É só un problema nado das agresións unionistas de Podemos contra un espazo que obtivo grande parte do seu éxito do seu expreso recoñecemento do dereito a decidir de Galicia? Non, tamén influíu a deficiente gobernanza local, o desleixo dos seus dirixentes a respecto dos principais problemas do día a día do País e das persoas das súas clases medias e traballadoras, o seu adanismo e a súa falla de conexión coa realidade. Non souberon porse no centro do seu electorado e atenderon andrómenas exóticas como o veganismo ou o decrecionismo no canto de analisar e tentar resolver os verdadeiros problemas reais da xente do común nas nosas cidades e no noso País.
E, ultimamente, pensaron que os problemas da nosa xente resolvíanse desde Madrid. Velaí que cometesen erros definitivos e nunca desculpábeis, polo que o ditame dos votos galegos sexa xa irreversíbel.

Sorpasso e volta ao 1997

É chocante que despois do ciclo aberto polo 15-M en 2011 e pola época do éxito electoral das Marés (eleccións locais de 2015, xerais de 2015 e 2016 e, en boa medida, as autonómicas de 2016) os resultados deste 12-X de 2020 sexan cuspidiños aos daquel lonxano 1997, cando Fraga quitou 42 deputados para o PP (os mesmos que Feijóo arestora), Beiras 18 para o BNG (Ana Pontón rachou onte este récord acadando 19) e Caballero 15 para o PSOE (daquela foi o tío Abel, hoxe en día alcalde absoluto de Vigo, mentres que agora o sobriño baixa un empatando a peor marca histórica do PSdeG nunhas eleccións nacionais galegas: os 14 de Xaquín Leiceaga en 2016).
O triunfo de Feijóo (48% dos votos, unhas décimas e un deputado máis que no 2016) é evidente e cómpre recoñecerllo sen disputa ningunha. Si é verdade que a súa base electoral é máis rural que urbana, máis de persoas idosas que de persoas máis novas, mais todos os votos son iguais e haberíamos gravar esta regra a lume nos nosos miolos. Feijóo afunde a Vox e Cs (que quitaron cadanseus 2% e 0,74% de votos) e ponse 12 mil votos por riba da suma dos comúns, socialistas e nacionalistas, rachando a clara vitoria das esquerdas das dúas eleccións xerais de 2019 e das municipais. Nidio é que a xestión do Covid, malia as graves chatas na súa xestión sanitaria e de servizos sociais, o beneficiou. De calquera xeito, comeza unha lexislatura cunha ampla e anovada vantaxe que afortalará a tendencia a adoptar as decisións económicas, ambientais, universitarias, educativas, sanitarias… que compoñen o seu programa de máximos.
Mais o electorado alternativo elixiu concentrar moitos votos no BNG de Ana Pontón, que bateu os records de Beiras acadando case a cuarta parte dos votos, mentres o PSOE ficaba por baixo do limiar do 20%. E, deste xeito, Ana Pontón visualízase como líder indiscutíbel da oposición, en proceso de alargamento da base electoral do soberanismo cara ao galeguismo até de agora exterior ao BNG e tamén cara ao espazo progresista en xeral, papándolle moi boa parte do espazo da esquerda estatal.
Porque foi a esquerda española a grande derrotada. Para o PSOE ficar terceiro, con menos do 20% e cos mesmos deputados que no 2016 é un gravísimo fracaso, moito máis se pensamos que o PSOE gañou as eleccións xerais de hai un ano e case empatou as de hai oito meses. A carreira política de Gonzalo Caballero, que colleitou un fracaso semellante ao do seu tío Abel no 1997, está moi en dúbida, porque ademais está lonxe de ter contentas as bases socialistas ao longo do País.
O grande fracaso dos Comúns ao obter menos do 4% de votos (o limiar para entrar no Parlamento é do 5%) é o máis sobranceiro responsábel da maioría absoluta de Feijoo. O 0,20 % de votos da innecesaria coalición de En Marea e Compromiso por Galicia confirma na irrelevancia a persoas que non percibiron que rematara o seu ciclo. Estas forzas, canda Podemos, EU e Anova, desaparecen da escena parlamentaria, onde fican as tres mesmas forzas que no 1997 e, ademais, en posicións moi semellantes.

Decidirmos o desconfinamento desde Galicia

O Goberno do Estado vén de se trabucar outravolta ao lle outorgar todos os poderes cara á xestión do desconfinamento ao Ministro de Sanidade, polo menos para a prórroga do “estado de alarma” que rexerá entre o 26 de abril e o 8 de maio. Será o Ministro o que gradúe a posíbel relaxación dalgunhas das vixentes limitacións á mobilidade xeral e determine en cada caso cadanseu ámbito territorial. Rexeitou deste xeito os requirimentos dos Gobernos vasco, catalán, galego, canario ou andaluz, que consideraban que só eles podían dirixir o desconfinamento con garantías.
Na Galicia esta cuestión incluíu un enfrontamento entre o BNG (que defendeu o mércores 22 de abil no Congreso outorgarlle a competencia á Xunta) e Galicia en Común, que rexeitou a atribución ao Goberno Feijóo desta facultade. Para os de Gómez-Reino e Pablo Iglesias seica a cidadanía galega está máis protexida se manda o Goberno Central. O que constitúe unha emenda á totalidade á razón de ser do partido -supostamente- soberanista da coalición (Anova) e mesmo -supostamente- da propia coalición: o recoñecemento de Galicia como suxeito político con dereito á súa soberanía ou, cando menos, ao seu autogoberno. E digo eu: se gobernar Casado na Moncloa esta esquerda española propugnaría cederlle as competencias á Unión Europea?
O Mando Único estatal foi xa unha decisión desaquelada, mais alargar o seu mandato para o desconfinamento constitúe un dos peores erros na gobernanza pública dende a transición de 1977-1982. Vivimos nun Estado plural, composto, moi descentralizado canto ao gasto e a xestión (mais moi centralizado no ingreso e, como estamos a ver, na capacidade de decisión política). Quen coñece cada territorio, o poboamento, os costumes? Quen pode decidir -mellor co consenso dos concellos- sobre a liberalización da mobilidade no medio rural e rururbano? Quen sobre mercados e comercio de proximidade? Quen sobre o desconfinamento dos sectores económicos de cada País ou territorio? Teñen vostedes razón. Os Gobernos autonómicos, sempre que tamén sumen aos concellos aos procesos de información e toma de decisións. Quen sabe onde están os parques e cantos metros cadrados de zonas verdes temos por habitante? Tamén acertaron. Os concellos.
A dereita española sempre foi centralista e, xa que logo, inoperante e ineficiente. Mais semella que a esquerda española atópase ben no mesmo esquema, asumindo funcións que nin lle cómpren nin sabe desenvolver. 1200 empregados públicos inexpertos do Ministerio de Sanidade non poden dirixir millóns de empregados públicos autronómicos e locais que coñecen o terreo.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias irán mal se seguen a copiar o esquema territorial de Arrimadas, Abascal e Casado.

Luís Villares impregnó las villas medianas de Galicia del fenómeno urbano de las Mareas

Luís​ Villares ha obtenido una clara victoria para renovar su cargo de portavoz de En Marea. En las elecciones al Consello das Mareas, máximo órgano entre asambleas congresuales del segundo partido de Galicia en votos y escaños, obtuvo aproximadamente un 60% de los votos frente al 40% de su adversario interno, con un relevante 56% de participación, muy por encima a las que se acostumbran a obtener en los procesos de Podemos.
Esta victoria le permitirá a Luís Villares mantener la soberanía de la organización respecto a Unidos Podemos y extender su presencia a lo largo de Galicia en las próximas elecciones municipales. No obstante, el daño reputacional sufrido por la marca a lo largo de este proceso ha sido grave.
Luís Villares tendrá que construir una En Marea útil y transversal, que sea capaz de representar los intereses de la mayoría de los ciudadanos gallegos.
El portavoz parlamentario y líder orgánico de En Marea es un perfil poco común en la política gallega. Se trata de un magistrado de amplia formación jurídica, patente no sólo en su temprano acceso por oposición a la carrera judicial, sino en su formación como magistrado especialista en el orden jurisdiccional contencioso-administrativo, que le hizo acceder muy joven primero a un Juzgado de lo Contencioso-Administrativo y después a las Salas de este orden de los Tribunales Superiores de Justicia de Euskadi y Galicia.
Por otra parte, destaca Villares por su compromiso cívico, patente en su adscripción a la corriente judicial Xuízas e Xuíces para a Democracia, de la que era coordinador en Galicia en el momento de su pase a servicios especiales al presentarse candidato a las elecciones al Parlamento de Galicia de septiembre de 2016. También sobresale en su lucha por la normalización de la lengua gallega en la justicia, destacando en su uso en todos sus destinos en Galicia y en su participación en la Irmandade Xurídica Galega, de la que forman parte entre otros el fiscal superior de Galicia entre 2005 y 2015, Carlos Varela, el magistrado de la Sala de lo Penal del Tribunal Supremo Luciano Varela o la actual abogada general del Estado Consuelo Castro.
Villares también participaba en las redes Armela, que coordina la catedrática de Derecho Administrativo de la USC Alba Nogueira, con destacados profesores de las Universidades gallegas, como el profesor de Derecho Procesal de la UDC y alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, el profesor de Derecho Administrativo de la UDC Carlos Amoedo (secretario xeral de Cultura durante el gobierno de coalición PSdeG-BNG entre 2005 y 2009) o el profesor de Derecho Laboral de la UDC y antiguo portavoz municipal del BNG coruñés Xosé Manuel Carril. Las redes Armela investigan desde un enfoque multidisciplinar los derechos, la igualdad y el estado social en el contexto actual de crisis económica y fuerte retracción de la intervención pública.

Las Mareas locales y la fundación de En Marea
El triunfo de Villares en las elecciones internas de En Marea no se puede entender sin conocer el proceso de conformación de esta fuerza política, iniciado en cuanto a sus bases sociales pocas semanas después de las elecciones municipales de mayo de 2015. En dichas elecciones, las recién fundadas mareas municipalistas gallegas obtuvieron grandes resultados. Compostela Aberta conquistó la alcaldía de la capital de Galicia para Martiño Noriega, mientras que Xulio Ferreiro alcanzaba la alcaldía coruñesa liderando Marea Atlántica. Otras alcaldías importantes para las diversas Mareas fueron las obtenidas por Ferrol en Común, SadaMaioría, Movemento Salceda o Nós Pobra.
Estos resultados y la proximidad de las elecciones generales, previstas para fines de 2015, sensibilizaron amplios sectores de la sociedad gallega respecto de la necesidad de converger en una amplia Marea Galega. Dos plataformas ciudadanas, Encontro por unha Marea Galega e Iniciativa pola Unión (donde participaban elementos del BNG y de Compromiso por Galicia) se fundaron en julio de 2015. Se celebró una convocatoria unitaria del Día da Patria Galega el 25 de julio de ese año, llegándose a contabilizar más de seis mil altas entre ambas plataformas, la mayoría sin adscripción política orgánica anterior, muchos de ellos desde la ruptura del BNG en la cita congresual de Amio en 2012. La presión política sobre los partidos para que posibilitasen esta convergencia, singularmente sobre el BNG y Podemos, era muy intensa.
No obstante, se frustró este proceso por la decisión de Anova, Podemos y EU de estructurar En Marea como coalición fundada los tres partidos, impidiendo la participación directa de los millares de independientes interesados. También coadyuvó a esta frustración la decisión del BNG de no concurrir a la trascendental reunión de partidos y colectivos del 2 de octubre de 2015, decisión adoptada al margen de su entonces Portavoz Nacional, Xavier Vence, quien negociaba contra reloj con Xosé Manuel Beiras la posibilidad de estructurar un amplio espacio de convergencia.
Las elecciones de diciembre de 2015, sin embargo, validaron electoralmente la fórmula limitativa de la coalición, si bien muy pronto sufriría este espacio político la decepción de no poder formar grupo parlamentario propio en el Congreso los seis diputados electos, decisión manifiestamente ilegal, si bien más difícilmente justificable, desde el punto de vista jurídico-electoral si En Marea fuese un partido distinto de los coaligados. En este momento se rechazó la posibilidad de seguir el ejemplo de los cuatro diputados de Compromís, electos en coalición con Podemos (a la Valenciana) que, ante la decisión de la Mesa del Congreso de impedir el grupo propio, acordaron constituirse en subgrupo dentro del Grupo Mixto, obteniendo mucha más visibilización de sus propuestas que las obtenidas por En Marea, tanto en la legislatura corta de enero-mayo de 2016 como en la que se abrió con las elecciones de junio de 2016 en las que En Marea perdió el escaño de David Bruzos en Ourense, bajando su representación a cinco escaños.
Precisamente es durante esta legislatura corta cuando las distintas mareas municipalistas inician contactos para converger en la organización gallega frustrada en el otoño de 2015. Participaron en este proceso cientos de personas no adscritas a ninguno de los tres principales partidos coaligados, muchos de ellos provinientes del BNG y de Compromiso por Galicia y articulados en la corriente Foro Galego. El nuevo partido instrumental, En Marea, fue regido en las semanas anteriores a su Asamblea Constituyente por una Gestora propuesta por los alcaldes de A Coruña, Ferrol y Compostela.
En dicha cita congresual constituyente, el 30 de julio de 2016, En Marea integró medio centenar de agrupaciones ciudadanas locales y cientos de personas individuales y acordó constituirse como organización soberana gallega, de adscripción individual, cerrando el paso a la coalición que quería Podemos para las elecciones autonómicas que convocó Feijóo inmediatamente, el 1 de agosto.
Podemos Galicia se inclinaba por una coalición que ya no tenía futuro y tuvo que ser Pablo Iglesias el que asumiese la integración de los morados en la lista de En Marea. Pero esta adscripción express se realizó en términos de amplia ventaja para los podemitas, que colocaron en las primarias de agosto (en las que fue elegido candidato a la Presidencia de la Xunta Luís Villares) a siete de sus candidatos como diputados entre el total de los catorce mareantes escogidos en las elecciones gallegas de aquel septiembre. La mayoría de En Marea aún recuerda con desagrado el planteamiento invasivo inducido por su secretario estatal de Organización, Pablo Echenique, respecto de aquellas primarias.

Villares asume la portavocía parlamentaria y la representación orgánica
En las primarias de agosto de 2016, Luís Villares fue ratificado por el conjunto de la afiliación con casi el 87% de los votos emitidos, asumido como candidato propio por casi la totalidad del espacio político. Contaba Luís Villares con un merecido prestigio por sus cualidades profesionales y sociales que le hizo merecer la confianza de los tres alcaldes de A Coruña, Ferrol y Compostela, verdaderos árbitros de un proceso de constitución de En Marea que, sin embargo, no podría ser entendido sin la aportación de esos cientos de independientes, la mayoría de origen galleguista, que habían apoyado las plataformas ciudadanas de octubre 2015 y ahora convergían en la nueva organización proclamada soberana de cualquiera de pendencia estatal, singularmente de Podemos.
Podemos y EU sólo atendieron a sus buenos resultados en la conformación del grupo parlamentario gallego y a su protagonismo en la representación estatal, desatendiendo la vida orgánica interna del nuevo partido, que en 2018 sería calificado por la antigua secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, como “ornamental”.
Después de unas elecciones orgánicas a las que concurrieron tres candidaturas, Luís Villares unió en abril de 2017 a su portavocía parlamentaria (conferida por unanimidad de los diputados en octubre de 2016) la portavocía orgánica, asumiendo un liderazgo personal que no estaba previsto en el guión escrito por los tres alcaldes.
Desde esta confirmación orgánica, Villares amplió la organización, sobre todo en las villas medianas de Galicia, consiguiendo que un fenómeno básicamente urbano, como las Mareas, llegase al conjunto del territorio gallego. Los frutos de este proceso se apreciarán en su justa medida después de las elecciones municipales de mayo de 2019, una vez Villares se ha alzado con el triunfo en el proceso orgánico que acabó estos días.

Podemos quere liquidar En Marea

Podemos e a súa socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun apéndice galego subordinado. O chocante é que conten para iso coa ferramenta de Anova.
No outono de 2015 as plataformas cidadás Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega tentaron construír unha grande candidatura galega de progreso e foron vetadas por unha coalición entre os cumios políticos de Podemos, EU a Anova para as eleccións estatais de decembro, no canto de formar unha estrutura unitaria onde puidesen participar os milleiros de cidadáns adherídos ás devanditas plataformas cidadás.
No verán de 2016 fundouse En Marea como organización nacional galega, soberana e de adscrición individual, que habería asumir todo o espazo político xerado pola mobilización cidadá previa. En Marea como organización unitaria foi a fórmula nas eleccións galegas de 2016, liderada por Luís Villares. Mais os cinco deputados estatais de En Marea integraron o grupo de Unidos Podemos no canto de optar, canda Compromís, por cumprir co seu electorado e formar subgrupo autónomo no Grupo Mixto. A visualización desta coalición como forza galega foi un grandísimo fracaso. Para máis, na asemblea de En Marea do pasado 27, catro dos cinco deputados mareantes refugaron render contas por mor da súa obediencia tripartita no canto da mareante, vulnerando abertamente a proposta Beiras que os vinculaba.
Porén, das resultas desta operación, os deputados estatais de En Marea xeran 800.000 €/ano que reparten a terzos Anova, Podemos e EU. Estes dous últimos fornecen con eses cartos as súas necesidades estatais. Na sede de Podemos de Madrid hai máis de cen liberados, financiados tamén cos votos galegos.
Na súa xuntanza fundacional do verán de 2016 e nas súas seguintes xuntanzas congresuais En Marea definiuse como organización nacional galega e soberana. Mais o pasado 27-Ou, cunha diferenza de dous votos, impúxose unha Mesa congresual que admitiu ulteriormente como votantes ducias de persoas que non pertencían ao censo. Deste xeito, Anova apoiaba a ofensiva de Podemos-IU para neutralizar calquera organización autónoma galega e subordinar En Marea ao proxecto estatal e personalista de Pablo Iglesias.
En Marea xoga a súa supervivencia como forza galega nas vindeiras primarias, así como a súa capacidade de lle dar canle política á pluralidade e á transversalidade da sociedade galega.

Sen tempo para parvadas

Non é seguro. Mesmo nin é o escenario máis probábel arestora para Pedro Sánchez. Mais o interese da presidenta andaluza por evitar a sentenza do xuízo dos ERE (auténtico caso “PSOE Andalucía”), a falla de perspectivas de continuación do apoio parlamentario por parte dos aliados que o votaron na moción de censura e máis a revitalización dunha fronte ultraconservadora PP-C’s, que sementará malestar mediático os días e as noites todos, pode motivar ao presidente do Goberno do Estado para disolver, convocando eleccións contra fins de outubro-mediados de novembro.
Vimos de coñecer a enquisa do CIS de xullo que lle prognostica a En Marea a perda da metade dos votos acadados nas eleccións de decembro de 2015. Dados moi malos, malia que a cociña de Tezanos fose nomeadamente agresiva cos mareantes. De calquera xeito non é precisa unha bola de cristal para albiscar nebuloso o futuro mareante nunhas vindeiras estatais. Á lea xerada por Podemos, EU e algúns outros co “affaire” Paula Quinteiro cómpre engadirlle o propio cuestionamento das esquerdas españolas actuantes (máis ben paralisantes) do espazo de confluencia galega a respecto da fórmula aprobada no 2016 dun partido de adscrición individual e soberanía galega. E, no ámbito estatal, o grande fracaso da coalición “En Marea” para que se lle percebise como forza de noso. Mentres Compromís existe en Madrid En Marea non existe, malia os laudábeis esforzos de Fernán-Vello e de Alexandra Fernández.
O BNG sería beneficiario de bastantes dos votos que en último de contas poida perder En Marea, mais isto non lle dará representación de seu dende unha lóxica de competición. Porque os números só fan posíbel un xenuíno Grupo galego (mínimo 5 deputados e un 15% de votos en cadansúa circunscrición) ou, cando menos, unha potente presenza no Grupo Mixto que faga recognoscíbeis os intereses do noso País dende a suma alxebraica, dende a multiplicación, dende a cooperación. Nunca dende a competición.
A propia crise/queda de Podemos e máis a experiencia nestes tres anos dende que se tentou artellar a non nata grande Maré galega (morta de morte matada dende as executivas de Podemos, EU, Anova e BNG) obriga a ser intelixentes e xenerosos. A cidadanía precisa do BNG, de En Marea, de Compromiso por Galicia e de milleiros que hoxe non partillan ningunha destas opcións. Precisa do entendemento dunha grande coalición nacional, nunha candidatura galega, no entendemento entre soberanistas e autonomistas que os corsos acadaron, e con el a maioría absoluta. Malia terse atacado gravemente, mesmo con armas de fogo, no pasado.
E quen xogue en clave estatal que xogue o seu xogo, como Antón Peruleiro. Porque non hai tempo xa para parvadas.

É preciso o Grupo Galego

En Marea non se puido constituír como Grupo de seu no Congreso despois das eleccións estatais de decembro 2015 e xuño de 2016 por mor de cadansúa decisión manifestamente ilegal da Mesa da Cámara. Mais, fronte a decisións análogas que vetaron tamén o Grupo “A la Valenciana” (a coalición de Compromís con Podemos), os catro deputados valencianistas decidiron ficar como subgrupo no Grupo Mixto, nomeando voceiro a Joan Baldoví. Mentres En Marea decidía ficar no Grupo Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea.
Hoxe é xeralmente coñecida a existencia dun grupo valenciano no Congreso e moi recoñecido Baldoví. Mentres, o labor e identidade da representación de En Marea no Congreso son relativamente descoñecidas. Descoñecemento que se agrava coa falla dunha portavocía permanente.
Velaí que Anxo Quintana definise hai dous meses En Marea no nível estatal como un proxecto de xente moi válida e ben intencionada, malia que “pouco útil para Galicia” arestora. E que moitas das persoas vencelladas a En Marea recoñezan que foi un erro non asumir a “opción Compromís” para que Galicia tivese voz de seu no Congreso. Voz que se acadaría mesmo que só fose seguida polos dous deputados de Anova.
Esta falla de voz galega en Madrid ten a súa orixe na fórmula electoral de En Marea nas eleccións estatais. Partido galego independente nas eleccións galegas de setembro de 2016, o espazo político de En Marea concorreu ás estatais, pola contra, como coalición entre Anova, EU e Podemos. Unha fórmula concibida polas dúas forzas estatais coaligadas para frear os movementos de base que pulaban por unha Maré galega ao Congreso no verán e outono de 2015 e evitar, deste xeito, a participación da sociedade civil e dos independentes na fórmula electoral. Con estes antecedentes é normal que Luís Villares considere á coalición que agora propón Podemos para galegas e municipais como un claro retroceso.
Os neocentralistas de Ciudadanos están a definir a axenda política e isto alimentará a prevalencia da clave nacional e territorial. Por outra banda, a fórmula estatal de En Marea non serviu para defender os intereses galegos en Madrid. Para as seguintes eleccións cómpre acadar o Grupo Galego ampliando este espazo, que habería explorar a converxencia “á corsa” co BNG, Compromiso por Galicia e demáis forzas sen obediencia estatal.