A perda da centralidade do PPdeG

Dubido que a demostración preventiva do madrileño barrio de Salamanca do domingo 23-S -e máis o radicalizado discurso de Núñez Feijóo no debate da súa investidura- lle garantan a estabilidade no liderado estatal do PP no caso de que Sánchez acade o seu mandato presidencial. Porén, o que si ficou dabondo claro é que o dos Peares asumiu o diktat de Aznar, Díaz Ayuso e Miguel Angel Rodríguez canto ao consolidamento dunha fronte españolista PP-Vox na que Vox impón a súa axenda e cosmovisión. A prensa europea coincidiu de xeito bastante unánime neste xuízo.
Rueda convocará as eleccións nacionais galegas para o 14-X (2024) se coinciden as estatais nesa data. Mais o presidente habería decretar a disolución o máis tarde no 21-N (a lei electoral galega garante un mínimo de 54 días entre a disolución e as eleccións), mentres que a presidenta do Congreso podería convocar unha segunda xuntanza (ou quizais a primeira) para a investidura de Sánchez na que se presentase o programa o sábado 23-N e se votase primeiro o luns 25 e despois o martes 27. É dicir, Rueda podería ter que decidir disolver ou non disolver sen coñecer de certo se haberá estatais o 14-X. A coincidencia dos dous procesos electorais, malia a súa esencial diferenza, é moi tentadora para o PP, que definiría a súa campaña en clave nidiamente estatal, case a xeito de referéndum para aceptar ou rexeitar Núñez Feijóo como vindeiro presidente do Goberno do Estado aceptando implicitamente que na oferta electoral vai de seu Rueda como Presidente de Galicia.
Mais no caso de que o 14-X non haxa estatais, o PPdeG sufrirá as resultas electorais do afastamento da centralidade e transversalidade xerado desde a súa subordinación á nova estratexia da dirección estatal de Madrid que insire Vox a xeito de parte fulcral na coalición que constitúe a alternativa de poder no nível estatal, radicalizando, xa que logo, a súa axenda nos eixos lingüístico-territorial, equilibrio social, igualdade-atención ás minorías e ambiental-sostibilidade do desenvolvemento.
Velaí a oportunidade do BNG (e agardemos que tamén do PSdeG na parte que lle cumpra) de se instalar nesa centralidade e transversalidade para atender os problemas sociais, infraestruturais, empresariais, sanitarios e educativos da nosa cidadanía desde propostas alicerzadas nos distintos sectores e sensibilidades presentes na nosa poboación desde un relato que apele ao autoaprecio, á confianza no futuro e aos pactos de País.

O fracaso de Feijoo

Escribo na mañá deste derradeiro domingo de setembro, no que o PP organiza un acto de masas en Madrid preventivo contra unha candidatura á presidencia do Goberno do Estado que non existe aínda e contra unha proposición de lei de amnistía que tampouco naceu á vida política nin mesmo ten sido concordada por unha maioría parlamentaria. Un acto que de seguro vai xuntar milleiros de persoas, mais en calquera caso un número moi inferior aos actos de avenidas ateigadas que organizou o PP de Rajoy contra o novo Estatut de Catalunya (2006) e contra as leis do aborto e do matrimonio homosexual propostas por ZP no tempo dos seus mandatos (2004-2011). E, desde logo, aos millóns de persoas que, votando as candidaturas das esquerdas estatais e dos soberanismos galego, catalán e vasco, rexeitaron nidiamente o 23-X a opción bipartita PP-Vox e a súa enxurrada de propostas reaccionarias.
O chocante desta situación é que o líder do PP estatal que convoca o acto vai presentar este martes 26 a súa candidatura á investidura. Que alugue autobuses para xuntar en Madrid aos seus convencidos no canto de tentar acadar os apoios parlamentarios precisos non fai máis que amosar o seu fracaso. Porque no mes decorrido desde que o Xefe do Estado, a medio dunha moi cuestionábel decisión, propuxo a súa candidatura non acadou un só voto máis dos que tiña. Feijoo só pode agardar unha milagre a xeito de votación transfuguista ou a repetición electoral. Se sae investido Sánchez a súa remoción ha ser cousa de semanas ou, como moito, duns poucos meses.
En realidade, o exótico acto de hoxe xa amosa esta probábel interinidade, porque a súa convocatoria non lle pertence, senón que lle foi imposta por Aznar e Díaz Ayuso. A liña máis extremista do PP desenvolve xa unha estratexia de impugnación institucional, coa inestimábel colaboración de Felipe González e Alfonso Guerra. Os seus obxectivos por orde cronolóxica son: i) presionar un tamayazo transfuguista, ii) evitar coa presión da rúa e dos despachos do deep state que o Xefe do Estado nomee candidato a Sánchez para repetir eleccións o vindeiro xaneiro e, de non se convocar estas polo apoio parlamentario a Sánchez, iii) considerar ilexítimo ese Goberno desde o minuto un.
De calquera xeito, a propia realidade do acto de hoxe e desa estratexia de impugnación institucional son as mellores probas do fracaso de Feijoo.

Supremacistas

Desde o aznarato (1996-2004) abrollou no Madrid político e mediático un fenómeno supremacista de amplas e plurais manifestacións repenicadas en menor medida nas nacións e territorios do Estado. Fenómeno supremacista que conecta coa ideoloxía dominante da España franquista e, máis atrás na historia, conecta co mainstream españolista de raigame castelá que estruturou dende a chegada dos Borbóns e aínda máis dende a xeralización da educación (Lei Moyano, 1851) a linguaxe dominante na identificación e comprensión da España como Estado e tentou definir desde aquela o que tiñamos que pensar e sentir.
Segundo esta corrente que arestora dá a batalla cultural non debe haber máis lingua española de uso xeral na Galicia que o castelán. O galego, como moito, ha ser unha curiosidade etnográfica ou folklórica que non pode ser esixido para os aspirantes á docencia e emprego público. A galeguidade non constituiría identidade nin cidadanía de seu, senón simple adxectivación xeográfica. A liberdade e igualdade das persoas no Estado español seica dependería de sermos unha única nación española cunha única lingua e unha única cultura. Velaí o seu xorne iliberal, ao xeito dos fundamentalismos chauvinistas ruso, polaco ou húngaro arestora gobernantes.
Este supremacismo tenta dominar os contidos da historiografía e educación, no ronsel dunha España supostamente existente como nación de seu desde hai 500, cando non desde hai 2000 anos.Velaí o ferreño rexeitamento á realidade histórica do Reino de Galicia como “regnum” máis antigo da Europa (século V), teimando en salientar un reino astur e despois asturleonés que non existiu senón como periferia do grande reino de Galicia dos reis Afonso VII, Afonso VIII e Fernando que explica o camiño de Santiago, as vilas marítimas de Baiona, Noia, Betanzos, A Coruña ou Viveiro e a Catedral compostelá co seu marabilloso Pórtico da Gloria.
Mais as arelas deste supremacismo son, sobre todo, económicas. Porque a negación de Galicia como país de noso permítelles impornos roles subsidiarios -cando non coloniais- no que atinxe a actividades empresariais que outros non queren por xerar custos ambientais e prexudicar actividades empresariais ben máis rendíbeis para as veciñanzas afectadas. Velaí a actual enxurrada de autorizacións de parques eólicos e a eucaliptización do País da man dunha ENCE ancorada polo deep state na ría de Pontevedra. Porque desde a perspectiva dunha España única na que Galicia non ten existencia política nin autogoberno real somos só un 5,5% do PIB e un 5,1% da poboación, polo que son prescindíbeis para esa España alicerces da nosa economía como a construción naval, sector mar-industria ou agrogandería, mentres infraestruturas para nós fulcrais como o AVE a Portugal ou o corredor europeo de mercadorías non encaixan na radialidade das comunicacións que deriva desta ideoloxía supremacista.
O supremacismo non só ameaza a nosa identidade. Ameaza o noso benestar.

Grave crise constitucional

As institucións estatais están a vivir quizais a súa peor crise dende a aprobación da Constitución no 1978, quitando a xerada pola rebelión de Tejero, Milans e Armada o 23-F de 1981. As actitudes da dereita e extrema dereita española, e tamén da propia esquerda española, semellan reflectir que xa non hai consenso sobre as regras de xogo que rexen a elección e funcionamento das principais institucións do Estado. Do Tribunal Constitucional (TC), do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e das Cortes Xerais. Prodúcese así unha grave crise que xa se desenvolveu entre 2010 e 2018 canto á Constitución territorial, coa sentenza que declarou parcialmente a nulidade dun Estatut xa plebiscitado pola cidadanía catalá e coa definición maximalista dun artigo 155 con potencial para limitar substancialmente o dereito á autonomía constitucional, cesando Gobernos e disolvendo Parlamentos autonómicos, fronte á interpretación dos xuristas coetáneos da Constitución (como Gil Robles y Gil Delgado ou García de Enterría) de só poder limitar determinadas accións deses Gobernos.
PSOE, UP e Más País coñecen perfectamente a xurisprudencia constitucional que prohibe introducir emendas no trámite lexislativo de proxectos e proposicións de lei cando nada teñen a ver esas emendas coa materia da proposta. É dicir, introducir emendas con regras sobre a elección e asunción do cargo de persoas maxistradas do TC ou sobre como ha debater o CXPX a elección dos seus dous representantes no TC, como se está a facer, é inconstitucional. Por certo, cómpre lembrar que a primeira vez que tal se fixo foi por parte do PP no 2003, durante o aznarato, cando se quixo introducir na Lei de Arbitraxe unha emenda para crear o delicto de convocatoria de referéndums ilegais, dirixido contra a iniciativa de novo Estatuto de Estado asociado do lehendakari Juan José Ibarretxe.
Mais a reacción do PP, Vox e Cs sobarda con moito a gravidade das condutas da esquerda española, ao recorrer non leis xa aprobadas, senón querer parar os trámites de aprobación desas leis. A actuación parlamentaria hase mover nos marcos do Estado de Dereito, mais o control sobre os seus actos e leis ha ser a posteriori, logo de que estes actos e normas nazan á vida xurídica e nunca antes. A gravidade desta pretensión aínda é máis notábel se nos decatamos que vai ser decidida por maxistrados co cargo constitucional caducado, caducidade directamente vencellada coa decisión da dereita española de boicotear calquera anovamento do TC e CXPX que pense lle pode prexudicar.
En calquera caso, a esquerda española está a sofrir as resultas da doutrina do “a por ellos” desenvolvida no procès catalán, cando o TC interrompeu varias veces procesos parlamentarios sen agardar a que se adoptasen as correspondentes decisións pola Cámara catalá. Calaron daquela e agora veñen por eles.

Efectos políticos do Nunca Máis

Este novembro estanse a cumprir os vinte anos da crise ecolóxica e política xerada polo varado e posterior afundimento do petroleiro Prestige. Unha crise nomeadamente sinalada pola incompetencia técnica do Goberno do Estado e pola súa comunicación falsa e mentireira. Naquela segunda metade de novembro e nos primeiros de decembro de 2002 centos de milleiros decatáronse que a costa galega, máis tamén a propia cidadanía galega, ficaban á intemperie (na moi aquelada expresión de Suso de Toro).
Esta mesma análise chegou ao cerne do Goberno galego. Fronte á submisión ao falso relato do Goberno de Madrid do conselleiro de Mar Henrique López Veiga, o conselleiro Xosé Cuíña convenceu ao presidente Manuel Fraga para asumir unha xestión autónoma da crise, desde a evidencia da ineficacia e incompetencia estatais. Fraga decidiu entón nomear Cuíña como vicepresidente da Xunta e conselleiro de Medio Ambiente. Mais a contorna de José María Aznar, consciente de que esta decisión definía de vez o PPdeG como un partido que decidiría desde a Galicia, filtrou informacións que acusaban ao político de Lalín de se aproveitar da crise para vender material desde unha das empresas participadas polo seu grupo. A acusación era falsa, pois tres auditorías certificaron que a venda facíase a prezo de custo, mentres a familia Cuíña doaba contedores por valor de case 100.000 €. Mais abondou para botar fóra do Goberno galego a Cuíña e orientar a sucesión de Manuel Fraga cara á solución centralista do birrete de Romay Beccaría e Núñez Feijóo.
A crise foi determinante para a derrota electoral do PPdeG fronte ao PSdeG e BNG nas nacionais da primavera de 2005, que deron na formación do Goberno de coalición que rexeu Galicia até a primavera de 2009. E serviu tamén para afondar na conciencia ecolóxica e de País de moi amplos sectores da cidadanía galega. O conxunto da sociedade galega sentiu os danos da Costa da Morte e o risco para a riqueza da ría de Arousa como cuestións comúns. A demostración en Compostela do 1-D de 2002 amosou un consenso na diagnose e nalgunhas das solucións, moi ben resumido naquel memorábel discurso do Obradoiro do noso Manolo Rivas: afastar o corredor atlántico usado polos petroleiros, defender a Terra e xubilar aos políticos mentiráns do momento.
Visto desde a perspectiva dos galegos e galegas da miña xeración (até entón ben máis pendentes dos obxectivos persoais a respecto das xeracións nadas nos anos 50 e primeiros dos 60, máis comprometidas no social e político), a crise do Prestige supuxo tamén para non poucas persoas unha clara repolitización e un meirande achegamento -desde a praxe moito máis que desde a doutrina- á liña de mensaxe e á cosmovisión do galeguismo político

Portugal xa decidiu

O primeiro ministro portugués, António Costa (PS), vén de presentar a alta velocidade ferroviaria que unirá Lisboa co Porto, Braga e Valença do Minho, proxecto que se vai desenvolver entre 2026 e 2030. Deste xeito Portugal prioriza a súa conexión atlántica co noso País por riba da súa conexión con Madrid, que é o proxecto polo que optou o Goberno do Estado de Pedro Sánchez no cumio luso-español de outubro de 2020.
Portugal xa decidiu elixir a complementariedade económica e cultural coa Galicia para potenciar ese grande eixo Ferrol-Sétubal, que calquera observador dende a altura pode albiscar como unha das principais concentracións humanas non só da península ibérica, senón do propio oeste europeo. Ten moi claro que iso é o que lle cómpre e non potenciar a radialidade española a prol do hipertrofiado Madrid, porque non quere que Portugal se convirta no burato negro no que se converteu a Meseta castelá nin outros territorios da periferia española.
Semella que nesta andaina tanto o goberno como todas as forzas políticas e axentes sociais, sindicais e empresariais do noso País concordamos co proxecto dos nosos irmáns portugueses. Mais temos de ser conscientes da frialdade e mesmo oposición do Madrid político, empresarial, mediático, profesional e vencellado ao deep state que inclúe aos grandes corpos funcionariais do Estado.
Galicia terá que desenvolver unha grande campaña de información, unha ampla operación de lobby (tamén perante unha Comisión Europea que aposta por e financia aqueladamente esta caste de proxectos de integración interestatal) e unha potente, teimuda e sostida mobilización cidadá que esixa a programación e execución da saída sur de Vigo e dos menos de 30 kms que o Estado ha garantir para a conexión galego-portuguesa da alta velocidade ferroviaria.
Unha simple rolda de chamadas entre persoas con responsabilidades empresariais e políticas en Madrid e o enxergamento dos comentarios nas redes sociais achéganos a idea de que este proxecto non gosta ao centralismo madrileño, a esa España uninacional e radial que defenden, si, Abascal, Aznar e Díaz Ayuso, mais tamén Villar Mir ou Florentino Pérez. Velaí a importancia de amosar proactividade e unidade de País. Porque os proxectos comúns á Galicia toda (como adoita dicir Anxo Quintana) son case sempre imparábeis.

¿Deja el 12 octubre un relato cargado de supremacismo y extremismo?

La derecha extrema del PP y la extrema derecha de Vox se han rearmado con un relato del 12 de octubre lleno de supremacismo español y falto de rigor histórico, mientras el Estado español sigue celebrando su fiesta civil exclusivamente mediante la demostración de fuerza militar.
Somos millones los ciudadanos del Estado que no nos sentimos españoles y que, quizás, en algún momento de nuestras vidas, se nos pudo ganar para una convivencia plurinacional.
Pero lo cierto es que el Estado español, a lo largo de los 43-45 años transcurridos desde la transición, solo ha demostrado una única manera de concebir España: la uninacional castellana, que es, además, la que conviene a sus élites extractivas, presentes en la Monarquía borbónica desde primeros del siglo XVIII, presentes -omnipresentes- desde Felipe V a Felipe VI, pasando por Franco y Juan Carlos I.

El mensaje habitual del 12-O
Un año más, hemos asistido a una “fiesta nacional española” construida en torno a una fecha que conmemora una historia de conquista, sometimiento y colonización, por la que en numerosas ocasiones tanto los pueblos indígenas americanos, como sus dirigentes políticos y sociales, desde López Obrador hasta Evo Morales, pasando por el papa Francisco y por muchos de los mejores autores literarios en lengua castellana del siglo XX, han exigido unas disculpas nunca comunicadas por la Monarquía borbónica o por los sucesivos gobiernos del Estado. Claro es que España nunca ha pedido tampoco disculpas por la atroz represión sufrida por el País Valenciano, Aragón, Catalunya y les Illes (respectivamente desde 1707, 1711, 1714 y 1716) ni tampoco por la doma e castración do reino de Galicia (desde 1480) o por la represión vasca posterior a las guerras de 1833-1840 y 1872-1876.
Una vez más, el Estado no celebra su fiesta civil con demostraciones populares, culturales, recreativas, gastronómicas, familiares o deportivas ni con celebraciones de masas, sino con un costoso desfile militar. La España de 2021, gobernada por la coalición de las izquierdas estatales PSOE-Unidas Podemos-En Comù Podem-Galicia en Común, sólo sabe reivindicarse y mostrarse al mundo desde la demostración de la fuerza bruta militar. Lástima que este año la Patrulla Águila (que invadió los cielos de Santiago de Compostela el pasado 25-Xullo con su humareda roja y gualda, en clara provocación frente a las 25.000 personas de la habitual manifestación soberanista del BNG) haya pintado sorpresivamente Madrid con los colores de la bandera republicana. Miren vds, parece que hay personas infiltradas en todos los sitios.

La derecha unionista quiere ganar la batalla del relato
Pero este año hemos asistido a mensajes desde la derecha extrema del PP y desde la extrema derecha de Vox que avanzan un salto cualitativo respecto del mensaje de siempre.
En las recientes convenciones del PP y de Vox y en otros eventos inmediatos tanto Aznar, como Díaz Ayuso, Esperanza Aguirre o Aleix Vidal-Quadras han defendido un relato supremacista y extremista respecto, tanto de la monarquía y constitución españolas, como del proceso de conquista y colonización americanas, equiparando las reivindicaciones indigenistas americanas con los soberanismos catalán, vasco o gallego. Equiparando como realidades enemigas tanto la identidad de los pueblos de América como la de las naciones sucesivamente sometidas por la fuerza bruta (1476-80 Galicia, 1707 País Valencià, 1714 Catalunya, 1833-1840 Euskadi y Nafarroa) y progresivamente minorizadas por la Monarquía castellana, después borbónica.

La izquierda española no tiene un relato alternativo
Desgraciadamente la izquierda española no tiene -ni tuvo- relato alternativo al histórico-identitario-territorial de la derecha española. Disculpen, si es posible que defiendan un relato alternativo (y hacen bien) en lo referente a la colonización americana, porque siempre han demostrado preocuparse más por la salud y el futuro del quechua, aymana o swahili que por el del catalán, euskera y gallego. Pero el relato que no han confrontado nunca en su vida es el de la supuesta existencia de una nación española de 500 años de duración, el que niega que Catalunya constituyó el pal de paller de la Corona confederal catalano-aragonesa, conquistando Córcega, Cerdeña, Sicilia y parte de Grecia, mientras su comercio dominaba el Mediterráneo, con consulados abiertos en toda el área. O el que niega que el reino de Pamplona, fundado por Eneko Aritza, era un reino euskaldun que constituyó la primera potencia de la península ibérica en la primera mitad del siglo XI. O que niega que el reino suevo de Galicia (siglo VI) fue el primer regnum de la Europa posterior al Imperio Romano y que el reino de Galicia y León de Afonso VII, en la primera mitad del siglo XII y de Afonso VIII y Fernando II (1158-1230) tenía su núcleo central en Compostela, siendo el Pórtico da Gloria la cristalización de esta época dorada, que acaba con la unión personal del Reino de Galicia con el de Castilla bajo Fernando III, en 1230.

Relatos nacionales contra el supremacismo borbónico-unionista
Por ello es necesario constatar que la derecha española está ya en modo “guerra cultural” y que va a dar la batalla en la escuela, en la Universidad, en la empresa, en las redes sociales, en los medios digitales e impresos y en las TV y radios. Y frente a este río de lava tóxica es necesario fortalecer y afinar los relatos que expliquen la historia de nuestras naciones (catalana, gallega o vasca), el carácter democrático y no agresivo de nuestros soberanismos y la capacidad de los mismos para integrar, de modo transversal, a casi todas las personas, también a aquellos para quienes la religión católica, la escuela concertada o los valores familiares tradicionales constituyan una referencia de vida. O a aquellos que confíen en reformas económicas transformadoras que avancen en una convivencia mucho más igualitaria o exijan construir una convivencia en las que la igualdad entre hombres y mujeres y la integración de pleno derecho de los colectivos LGTBI sean políticas transversales rectoras de la acción, tanto de gobierno como de oposición.
Desde el soberanismo catalán, vasco, gallego o valenciano la reivindicación de la unidad europea (quizás, casi seguro, de otra unidad europea), de los valores liberales y democráticos, de un claro espíritu de tolerancia y acogida, deben servir para demostrar que hay otro camino frente al camino supremacista, excluyente y extremista que ha elegido la derecha unionista española y que no es capaz ni de frenar -ni siquiera de criticar en el ámbito de las ideas- la izquierda española.

O PP, canda Vox

O nidio trunfo do PP de Díaz Ayuso e Vox nas autonómicas madrileñas de maio xeraron de vez unha onda pro maioría dual das dúas dereitas nas enquisas para as vindeiras estatais, de xeito que case todas anuncian que Cs morre e PP e Vox obteñen unha maioría absoluta curta. Substancialmente trátase dun reasignamento de escanos, nomeadamente nas pequenas circunscricións (3, 4 ou 5 deputados) da España baleira, mais tamén hai un chisco de aliñamento coa nova mensaxe PP-Vox en determinados ámbitos do Estado español, de xeito principal na rexión madrileña e nas capitais castelás e andaluzas, sen que sexa polo de agora albiscábel este fenómeno noutras nacionalidades e sen prexuízo de que esta onda poida chegar tamén aos nosos barrios e que, mesmo sen se modificar de xeito substancial o asignamento de escanos da Galicia nunhas estatais, abonde con estas rexións, cidades e circunscricións para garantir unha maioría absoluta da dereita e da extrema dereita no Estado. O afundimento de Cs coa lei D´Hondt é unha bomba adiada.
Velaí que Casado deixase de pór os marcos que sinalou no outono de 2020 con Vox (canda o debate da moción de censura que presentaron os extremistas) e organizase unha convención itinerante para lle comunicar ao electorado que o PP de hoxe en día afástase do centro político e achégase á extrema dereita de Vox, dotándose dun discurso supremacista español e duns valores propios da guerra cultural do trumpismo USA. Neste contexto, Vargas Llosa manifestou que o importante non é votar en liberdade, senón “votar ben” e Aznar dixo que España non é “nin plurinacional, nin multinivel nin a nai que a pariu”, amosando que o seu son os valores do pluralismo político e territorial e o xorne liberal e democrático. Mentres, Vidal-Quadras certificaba o fracaso do Estado autonómico e máis a necesidade dunha remuda institucional na gobernanza territorial do Estado.
O problema é que estas diagnoses enchoupan as estruturas do Deep State (altos cargos militares, policiais e dos corpos de elite da Administración do Estado, directivos do Ibex 35 e das media madrileñas, opinadores da capital do Estado) e reforzan as tendencias recentralizadoras no político e no económico, ameazando directamente calquera política a prol do autogoberno e do desenvolvemento social e económico de Galicia e do benestar e calidade de vida da cidadanía galega.
Nestas circunstancias… que pensan Núñez Feijóo e o PPdeG desta enxurrada extremista, supremacista e autoritaria? Como cren que incidirá este binomio PP-Vox no futuro de Galicia? Que grao de adhesión e comprensión manteñen cun partido, o PP, botado ao monte do extremismo e do supremacismo?

Minorizan a nosa lingua

A desigualdade xurídica do galego a respecto do castelán xorde da propia Constitución española. Non tanto do seu artigo 3 -que dispón a obrigatoriedade do coñecemento do castelán- senón da interpretación que lle foi dando o Tribunal Constitucional, que declarou en maio de 1986 inconstitucional a obriga de coñecer o galego da nosa lei de normalización lingüística e declarou inconstitucional en xuño de 2010 o carácter de lingua de uso preferente do catalán nas Administracións operantes na Catalunya.
Velaí os alicerces xurídicos que perpetuan o galego como lingua minorizada (para nada minoritaria). A Xunta e os concellos non teñen posibilidade legal de impor a obriga do coñecemento da lingua aos xuíces, notarios, rexistradores, funcionarios do Estado…Velaí a importancia das accións de discriminación positiva, canda a futura resolución desta anomalía constitucional.
Neste contexto, o Goberno do Estado está a piques de aprobar un proxecto de lei de comunicación audiovisual que non garante mínimos para o galego, euskera nin catalán na programación da cota mínima do 30% dedicada a obras audiovisuais europeas nas plataformas de contidos de TV (Netflix, HBO ou Amazon Prime). O anteproxecto reserva o 50% desa cota a obras en castelán ou en calquera lingua cooficial do Estado, mais non blinda mínimos para estas. Como tampouco reserva mínimos para o galego no 50% do 5% da facturación que as produtoras que ingresan maís de 50 M€ han reservar para obras europeas.
A gravidade desta decisión (provisional e reversíbel no Congreso se as forzas soberanistas que sosteñen o Goberno do Estado saben xogar as súas cartas e vencellan este debate ao dos Orzamentos de 2022) non atinxe só á exclusión do galego na grella da TV presente e futura, senón á potencia económica do noso audiovisual. Garantir mínimos en galego é potenciar a nosa creación, facer que as plataformas contraten as nosas producións, traballar a prol do “galician noir” e mesmo das nosas localizacións para as rodaxes. Corrixindo deste xeito a intencionalidade recentralizadora do anteproxecto de Nadia Calviño. No lingúistico e no económico.
Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaría as potencialidades da industria audiovisual española”. Ese mesmo día, desde a mesma ideoloxía recentralizadora no económico e no cultural, Aznar negaba a plurinacionalidade do Estado e máis a utilidade nel dun goberno multinível.
Tiña razón o grande Josep Pla. O máis semellante a un español de dereitas é un español de esquerdas.

Actitudes supremacistas

Afirman varios empresarios hostaleiros galegos que, neste verán de 2021, multiplicáronse exponencialmente as queixas de seareiros por teren a carta ou ementa na nosa lingua. Seica non se adoita facer conflito no local, mais si adoitan relatar a experiencia cando chegan á fin da súa viaxe.
Coincidiu neste verán, tamén, unha enxurrada de demostracións de bandeiras españolas en vivendas e apartamentos alugadas por familias de Madrid e da Meseta castelá, como se fosen pioneiros ao xeito de Hernán Cortés, Francisco Pizarro ou Núñez de Balboa canda indíxenas que tivésemos ser reducidos ás ideas e costumes da Vila e Corte. Mentres, este verán, milleiros de peregrinos (seguen a ser minoría, cómpre dicilo, mais non xa tan reducida) de orixe madrileña-castelá amosaron faltas de respecto notábeis, como o de guindar as máscaras a rentes do santuario de Santo André de Teixido ou ocupar as rúas compostelás amosando xeitos paramilitares españois.
Velaí que o xornalista Xosé Manuel Pereiro, nun recente artigo en castelán para un medio estatal, definise esta enxurrada supremacista (pailaroca si, ben sei, mais tamén supremacista) como “imperialismo banal del veraneante”. Porque hoxe en día estas actitudes supremacistas xa non son andrómenas de políticos ou opinadores madrileños, senón que teñen gañada a perspectiva de millóns no Estado que pensan que a lingua e cultura galegas son prescindíbeis, mesmo non han ter encaixe na España. Artur Mas declarara na Galicia no 2008 que case a metade das persoas enquisadas a respecto da pregunta da razón pola que falaban catalán, respostaran: “por amolar”. Xa desde antes (e sen interrupción ningunha neste anos malia estar Feijoo no Goberno) antigos compañeiros meus da Universidade madrileña na que cursei o grao pensaban que falamos galego: i) por amolar tamén, como dicía Mas; ii) para que “eles” nos entendan menos; e iii) porque seica nolo impón alguén na Galicia… Poderán imaxinarse vostedes que estas persoas son xente estudada… Pensan que lles dei convencido do contrario ao longo destes anos? Ca!! Seguen a pensar o mesmo.
Arestora estes relatos están lexitimados por organizacións políticas como Vox e parte substancial do PP estatal, mais xurdiron hai ben anos. Xurdiron no felipismo que impediu a comunicación entre as diversas culturas nacionais do Estado. E, sobre todo, xurdiron no aznarato españolista. En ambos os dous casos co impagábel contributo dos media madrileños dos 80 e 90 do século pasado.
A cidadanía galega non ten madrileñofobia. Mais algúns sectores están a se fartar de tanto supremacismo.