O cambio é xa probábel

O debate electoral do 5-F na CRTVG amosou o erro dos estrategas do PP que buscaban que Rueda emerxese do rebumbio dun suposto multipartito, pois @s líderes tod@s da oposición non se trabucaron de adversario. Amosou tamén que a alternativa de cambio se alicerza nomeadamente sobre o BNG. Desde a noite do luns a progresión nas enquisas de Ana Pontón é continuada, mesmo até níveis próximos ao 30%. Limiar que non poucos analistas prognostican que pode superar.
Segundo estes inquéritos a candidatura soberanista estará nos níveis nos que a promaioritaria regra D´Hondt xa non prexudica e mesmo beneficia. Até o extremo de que un BNG nesta fronteira podería facer goberno, mesmo no caso que o PSdeG baixase lixeiramente, a xeito dos 38 deputados acadados polo BNG e PSdeG (25 socialistas, 13 nacionalistas) que lles deron a Xunta no 2005. Só que desta volta ficaría invertida a proporcionalidade a prol do soberanismo.
Foi tamén unha primeira semana de campaña que transladou a idea de que o PP, por primeira vez desde o 2009, é vencíbel nunhas eleccións nacionais galegas. E esa idea ten a ver coa translación dunha sensación de inseguridade e desnortamento por parte do PP, enfrontado cunha candidata (Ana Pontón) empática, competente, moderna e transversal e cunha mensaxe soberanista ben estruturada que reivindica a ampliación do autogoberno e o recoñecemento nacional de Galicia arredor desa axenda galega (sanidade, economía, vivenda, ambiente e territorio, servizos públicos…) que o 70% da cidadanía (segundo o CIS) quere que centre o debate no canto das andrómenas da estéril política madrileña.
O BNG, ademais, soubo integrar todo o galeguismo político (Anxo Quintana fai campaña na circunscrición ourensá, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega partillan na campaña em Compostela, Alexandra Fernández e Iago Tabarés reintegráronse no 2019 e Mariñas xa pediu o voto para Pontón no 2020). Mais arestora Pontón é susceptíbel xa de sobardar as lindes do galeguismo e integra, no seu conxunto, a Galicia do cambio, a Galicia activa, plural e dinámica. Ese máis de 60%, segundo varias enquisas, que prefire remuda na Xunta malia que até hai poucos días non acreditaba na súa maioría nela. Probabelmente tamén entre eles varios milleiros que votaron noutras ocasións ao PP:
Pertencería, xa que logo, ao terreo da lóxica política que nesta semana medre substancialmente a participación, nomeadamente nos sectores urbanos refractarios ao PP, mais de tradición abstencionista nas eleccións nacionais galegas. De se confirmar ese incremento e a concentración do voto no BNG, o cambio non só é posíbel, senón probábel.

As eleccións galegas máis abertas

Escrebo esta peza no refluxo da grande manifestación de SOS Sanidade Pública deste domingo, a segunda da sociedade civil que enche a Praza do Obradoiro compostelá en dúas semanas. E na agarda do único debate na CRTVG que aceptou Rueda. Entre un e outro evento a ampliación de 3.700 entrevistas persoais á grande enquisa do CIS (29 xaneiro ao 1 de febreiro) vén de reflectir a probabilidade dunha remuda na Xunta a medio dunha coalición entre BNG e PSdeG presidida pola soberanista Ana Pontón. Segundo os dados desta ampla mostra o PP baixaría do 48,7 de 2020 ao 42,2% (34 a 38 deputados, com amplas posibilidades de perder a absoluta), fronte á suba do BNG do 23,7% até case o 33% (22 aos 26 escanos). Pola súa banda, o PSdeG amosa estabilidade relativa (13-15 deputados a respecto dos 14 de 2020). A avaliación de Ana Pontón acada o 5,74 fronte ao 5,37 de Rueda e o 4,8 de Besteiro.
Mais dados semellantes xa non son exclusivos do CIS. Sondaxe reflicte arestora un 27,3% das persoas enquisadas que prefiren Pontón como Presidenta, mentres o 33,2% prefiren Rueda e o 11,1% Besteiro. E EM-Analytics outórgalle ao PP, si, unha maioría absoluta de 39 (un por riba da marca), mais reflicte que os últimos deputados de cadansúa circunscrición son do PP. Lixeiras perdas en varias destas deixarían Rueda fóra da Xunta.
Quere isto dicir que a remuda no Goberno galego non é que sexa posíbel, senón que xoga xa no eido da probabilidade. E semella que as posibilidades de remuda medran no día a día. Velaí a fulcral importancia da campaña e, no seu contexto, de fitos como o debate da CRTVG desta última noite.
A incapacidade relativa de medre substancial por parte do PSdeG debuxa, porén, un escenario favorábel ao PP se lle quita máis de vinte pontos porcentuais ao BNG, mais tamén un escenario moi perigoso para Rueda e ben semellante ao da derrota de Fraga no 2005: a dunha alternativa dual BNG-PSdeG con vantaxe significativa para a alternativa soberanista: a suba prognosticada para o BNG polo CIS nas súas dúas xeiras e o apuntamento doutras varias enquisas sinalan a posibilidade da alternativa mesmo con porcentaxes do PSdeG entre o 18 e o 20%. Un outro escenario ao que se debullaba hai só algunhas semanas.
Ao tempo semella que os índices de participación poden mellorar. Un dado que, de se confirmar, indubidabelmente traballaría a prol do cambio político en San Caetano.

Un pacto nacional polo galego

A recente enquisa do servizo estatal de estatística a respecto do uso da nosa lingua no noso País (que reflicte que o castelán é xa máis usado decote e que case o 30% das pesoas de menos de 20 anos non entenden ou teñen unha comprensión cativa do galego) constata unha realidade que evolúe de xeito unidireccional nos últimos trinta anos no sentido da ruptura da cadea de transmisión lingüística de pais e nais a fill@s. Mais este proceso agravouse de xeito moi substancial nos últimos doce anos, desde a contrareforma educativa do goberno do PPdG e Núñez Feijóo (2010) que impediu de feito o uso do galego cono lingua vehicular para a educación infantil e para o ensino das matemáticas, física, química e bioloxía. En realidade estes doce anos agromaron un fenómeno que antes non existía, que é o feito de que xeracións supostamente educadas en galego non o usen e mesmo teñan problemas para a súa comprensión a xeito.
A meirande parte dos expertos consideran que hai solucións para o galego, mais estas pasan por unha mudanza radical nas políticas de promoción e tamén na legalidade vixente. Malia a eiva constitucional que impide a igualdade xurídica entre galego e castelán existe unha ampla marxe normativa para que o Dereito galego realmente protexa a nosa lingua. Cómpre un grande pacto social e político que aprobe unha nova Lei de Normalización Lingüística para os vindeiros 25-30 anos, desbotando o supremacismo extremista de Vox e Hablamos Español.
Na situación actual do galego a medida máis urxente é a implantación dun sistema de inmersión lingüística no ensino obrigatorio que garanta o uso do galego como lingua vehicular nun mínimo dos dous terzos do tempo de docencia, incluíndo nel o da docencia do portugués como elemento de conexión utilitaria co mundo da lusofonía. Nas escolas infantís a lingua vehicular habería ser o galego, complementada coa introdución tamén de contidos en castelán e inglés. Esencial neste eido sería que a CRTVG e a Xunta garantan recursos didácticos e contidos audiovisuais en galego para as crianzas e adolescentes.
No que atinxe ás Administracións Públicas cómpre garantir o uso cotián do galego perante calquera instancia xudicial e administrativa e calquera persoa na Galicia, agás exercicio expreso do dereito de opción lingüística por parte da persoa administrada. A opción de uso do galego habería ser sempre a activada por defecto e os contratistas e concesionarios de obras e servizos públicos haberían garantir os mesmos dereitos que as Administracións contratantes.
A empresa e a Administración de Xustiza, como ámbitos menos galeguizados, requirirían normativa adicional á actual e máis códigos de boas prácticas para garantir o dereito dos traballadores, xusticiábeis, usuarios e consumidores a vivirmos en galego en toda circunstancia, que hoxe en día non podemos exercitar.

1984

Un lapsus de Núñez Feijóo vén de nos lembrar que hai agora 74 anos o escritor inglés George Orwell apuraba a escrita da súa novela 1984 na illa escocesa de Jura, pois que prometera ao seu editor entregalo para o prelo antes de que rematase 1948. Nesta distopía o británico afondaba no seu compromiso coa liberdade e contra o totalitarismo, nunha Europa que saía aos poucos da fame de postguerra e da terríbel experiencia do nazismo. Unha Europa medoñenta diante da ameaza nuclear e sometida na súa metade oriental a ese stalinismo que el xa denunciara nas súas obras Animal Farm (1945) e Homage to Catalonia (1938). Unha Galicia que padecía fame e represión vivía daquela a longa noite de pedra do franquismo, mentres Castelao partillaba no nome do noso País un Goberno republicano no exilio que aínda confiaba que o bloqueo internacional ao Estado español, só rachado entón pola axuda peronista, habería traer de volta a República traizoada polos militares golpistas do 1936.
Chegou 1984. Por sorte o mundo non estaba controlado polo Big Brother orwelliano. O réxime soviético amosaba evidentes sinais de esgotamento. Margaret Thatcher e Ronald Reagan, alicerzados nas desaqueladas teorías económicas de Milton Friedman, rachaban o compromiso da dereita democrática coa xustiza social, encetando un camiño de desigualdade e desregulación financeira que levou a Europa á Grande Depresión do 2008. Na Galicia aprobábanse por aqueles tempos nun clima de consenso leis fulcrais, como as da creación da CRTVG e a de Normalización Lingüística, inserindo nela un deber de coñecer o galego que sería eliminado despois por ese árbitro caseiro chamado Tribunal Constitucional. 200 alcaldes asinaban un compromiso a prol da normalización do galego nos concellos e a chegada dos restos mortais de Castelao era protestada por milleiros, no decurso dun serán no que salientou unha represión policial máis propia do franquismo que dunha democracia.
Mais no 2022 que vivimos semella que o Big Brother está máis preto que nunca na historia da humanidade. A privacidade persoal é descoñecida por gobernos e grandes empresas. A CIA recoñeceu que gravan millóns de persoas e o sistema de espionaxe Pegasus espiou, seica ilegalmente, ducias de cidadáns de Catalunya, entre eles avogados no exercicio da súa función de defensa legal. Milleiros defenden recortes nas liberdades a prol da seguranza.
A distopía 1984 escrita por Orwell no 1948 é, por desgraza, moi real no 2022. As nosas liberdades están ameazadas polo control que queren os poderes políticos e económicos. Nunca como arestora tan preciso foi reivindicar o control cívico destes poderes, as garantías xurídicas dos dereitos humanos e máis o equilibrio entre liberdade e seguranza.

Queren recentralizar a industria audiovisual

O Congreso vén de aprobar cos votos do PSOE e a abstención do PP e UP o proxecto de lei audiovisual que inserirá no Dereito do Estado -e cunha demora de case dous anos- unha importante Directiva europea orientada con carácter xeral ao recoñecemento das excepcións culturais e lingüísticas europeas e á promoción das pequenas e medianas empresas neste sector.
Porén, o texto aprobado o xoves 26-M concretou estas liñas xerais no sentido menos favorábel á diversidade lingüística e cultural, ao fomento da creación cultural europea e á promoción das producións independentes. Ratificando outravolta a tese enunciada por Josep Pla no 1918, os políticos españois de esquerda demostraron ser os máis parecidos aos políticos españois de dereita, e velaí como:
i) O Estado español só lle esixirá ás produtoras que sobarden na súa facturación os 50 M€ un financiamento anticipado do 5% para obras audiovisuais europeas, fronte ao 12,5% que esixe Francia e o 20% que esixe Italia. Paira sobre este agasallo ás multinacionais do audiovisual o proxecto común dos partidos unionistas de facer de Madrid o grande “hub” audiovisual, de atraer producións e rodaxes, en prexuízo do audiovisual galego e da propia excepción cultural europea.
ii) Desnaturalizouse nas dez de últimas, a medio dunha emenda pactada entre PP e PSOE, o concepto de “produtora independente”, en principio a tipoloxía de empresa que a Directiva europea definía para recebir a meirande parte do financiamento anticipado de obras audiovisuais europeas esixíbeis ás grandes produtoras. Agora o concepto fica deturpado e podería considerarse que inclúe empresas de feito absolutamente dependentes do duopolio audiovisual Mediaset (propietaria de Cuatro e Telecinco) e Atresmedia, titular de A3 e La Sexta). Ou sexa, foméntase a produción das multinacionais e do duopolio televisivo, arrumbando ás empresas independentes, case as únicas xeradoras de produtos no audiovisual galego.
iii) Só se contempla o financiamento directo da CRTVE e non da CRTVG e demais canles autonómicas, ás que tamén se lles impediu deducir o IVE soportado na adquisición de bens e servizos.
Fronte a esta clara tendencia recentralizadora cómpre recoñecer o traballo de organizacións cidadás como a galega A Mesa e axentes profesionais do sector audiovisual galego, que conseguiron algúns éxitos parciais como a garantía do financiamento de obras audiovisuais en galego na TVE, un acordo de boas prácticas para o fomento da tradución das obras das grandes plataformas europeas e o recoñecemento da marxe competencial autonómica para introducir obrigas adicionais para os operadores do servizo televisivo no ámbito autonómico.

El 155 sigue por vía judicial

El Estado de las Autonomías español se diferencia radicalmente de los Estados federales, entre otras cuestiones importantes, en que tanto el Tribunal Constitucional como el Poder Judicial son puramente estatales, sin participación autonómica, limitada al Poder Ejecutivo y al Poder Legislativo. La justicia española ha marcado el principio, desarrollo y fin de la legislatura catalana que ahora termina, convirtiendo en irrelevante la autonomía política de la Generalitat. Se está, por tanto, aún más lejos de la solución a la convivencia que el 21-D de 2017. Así, pues, en el Estado español, contrariamente a lo que sucede en sistemas federales como EE UU, la República Federal alemana o Suiza, el Poder Judicial es íntegramente estatal. No existe un Poder Judicial en la arquitectura institucional de la Generalitat, limitada al Poder Ejecutivo del Govern y al Poder Legislativo del Parlament.
La Constitución diseñó (sólo para Catalunya Euskadi y Galicia, en un primer momento, si bien el café para todos generalizó el modelo) los Tribunales Superiores de Justicia autonómicos. El Tribunal Superior de Justicia de Catalunya (TSJC) culmina la organización judicial en el territorio de Catalunya, pero es un órgano judicial español, no catalán. El TSJC está sujeto, además, a la jurisdicción del Tribunal Supremo (TS), que ser reserva el derecho de admitir cuando le parece un recurso de casación para unificar la aplicación del Derecho Mercantil, Laboral y Penal (únicos para todo el Estado) y del Derecho Civil y Administrativo estatales y sólo carece de superior jerárquico cuando unifica la aplicación del Derecho Civil y Administrativo catalán. Responde la organización judicial al principio constitucional de que los asuntos judiciales iniciados en Catalunya acaban en Catalunya, sin perjuicio de la jurisdicción del TS.
Pero sucede que el TS no sólo interviene por vía casacional (insisto, nunca en beneficio de los justiciables, sino siempre que le interesa para unificar la aplicación del Derecho, exactamente igual que hace el Tribunal Constitucional (TC) para la admisión a trámite de los recursos de amparo constitucional), sino como órgano judicial de primera instancia para los asuntos que considera conveniente, como hizo ilegalmente al avocar para si la competencia del juicio del procès, en una actuación que los Tribunales de primera instancia y apelación belgas consideraron arbitraria, al rechazar la euroorden que tenía por objeto el arresto y puesta a disposición del TS español del conseller Lluis Puig.
En 48 horas el TSJC ha acordado en dos interlocutorias, resolviendo medidas cauterísimas y cautelares, la suspensión de la efectividad del aplazamiento de las elecciones convocadas para el 14-F en su día por el Consell Executiu de la Generalitat, por lo que siguen convocadas las mismas para dicha fecha, cuando todos los pronósticos epidemiológicos y basados en modelos matemáticos anuncian el máximo de saturación de UCIs y muertes de la tercera ola de la pandemia. Aunque no se ha resuelto el pleito con carácter definitivo (la sentencia no se conocerá hasta el 8-F, aproximadamente, la misma semana de las elecciones), lo cierto es que el proceso electoral continúa a todos los efectos: presentación y proclamación de candidaturas, incluyendo la dimisión como ministro de Sanidad de Salvador Illa, organización de las campañas electorales y desarrollo de las mismas… En realidad resulta difícil imaginar una sentencia desestimatoria del recurso a sólo seis días de las elecciones, pero la Administración de Justicia ya nos tiene acostumbrados a este tipo de decisiones extemporáneas (recordemos la sentencia del TC declarando la inconstitucionalidad sustancial del Estatut de 2006 en junio de 2010, cuatro años después de su aprobación plebiscitaria por la ciudadanía catalana). En cualquier caso, no parece muy probable.
El Decreto de suspensión ahora suspendido en cuanto a su eficacia, y que previsiblemente será anulado el 8-F, se fundamenta en las previsiones epidemiológicas de la Autoridad Sanitaria de Catalunya, constituída por el propio Departament de Salut, que ha dictado disposiciones sumamente restrictivas cuya extensión temporal alcanzarán fechas próximas al 14-F o incluso lo rebasarán. Por otra parte, se basa en el informe 214/2020, de 17 de septiembre, de la Comisiò Jurídica Assesora de la Generalitat, que constató: i) en la Ley electoral estatal, lo mismo que en los Derechos electorales particulares de Euskadi y Galicia, no existe la previsión de suspensión electoral por razones de pandemia, ii) procede suspender las elecciones catalanas en el supuesto de que la situación pandémica amenace los derechos fundamentales a la vida e integridad física y a la participación política, lo que sucederá cuando las restricciones imposibiliten o dificulten no sólo el derecho de voto (en general de modo grave y muy singularmente de los ciudadanos residentes en el exterior), sino la propia formación de la voluntad política, y iii) corresponde al President de la Generalitat la aprobación del Decreto de suspensión, previa audiencia del Consell Executiu y de los partidos políticos y previa comunicación a la Diputaciò Permanent.
Los opinadores madrileños del “a por ellos” y de la lawfare han llamado la atención sobre las diferencias entre el caso catalán y la suspensión de las elecciones gallega y vasca, previstas para abril de 2020 y finalmente celebradas el pasado 12 de julio. Se ha hablado de la inexistencia de una ley electoral propia de Catalunya y, por tanto, de la ausencia de una Junta Electoral propia. Ya hemos visto que nada hay en las leyes electorales gallega y vasca que faculte especialmente la suspensión de unas elecciones ya convocadas. Es cierto que la Xunta Electoral de Galicia consideró proporcionada y adecuada la suspensión electoral finalmente decidida por la Xunta (con el consenso de todos los partidos parlamentarios) en marzo pasado, emitiendo un informe previo que insistía en el máximo consenso de las fuerzas políticas para la legitimidad de una decisión sin base legal clara. Pero también es verdad que las decisiones (no así los informes, como en este caso) de la Xunta Electoral de Galicia son recurribles ante la Junta Electoral Central y que fue ésta, en vía de recurso, la que impuso a los medios públicos de radiotelevisión (Corporación RTVG) la presencia de cuota en espacios electorales de las nacionales gallegas de Vox y Cs como fuerzas “significativas” a pesar de sumar cero diputados antes del 12-J y después del 12-J. Decisión que fue confirmada por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), actuando funcionalmente como un mero Tribunal español, que es lo que es orgánicamente, por otra parte.
Las diferencias entre el caso gallego y vasco, por una parte y el catalán, por otra son bien claras: mientras el lehendakari Urkullu y el presidente Núñez Feijóo decidieron el principio y fin de sus legislaturas en 2016 y 2020, la legislatura recientemente agotada del Parlament catalán se inició con las elecciones del 21-D de 2017, convocadas ilegítima y ilegalmente por el Gobierno del Estado en ejecución del 155. Continuó con las inmisiones de la Sala de lo Penal del TS para imposibilitar la investidura del president Puigdemont y de Jordi Turull y acabó con la ilegal y arbitraria inhabilitación del president Torra por un inexistente delito de desobediencia a un órgano manifiestamente incompetente para disponer la retirada de un símbolo identificado con la defensa de las libertades y no con opciones partidistas electorales.
Estamos, pues, ante el gobierno de los jueces. Es muy probable que en los Juzgados y Audiencias catalanas ejerzan jueces y juezas justos que no respondan a la clave españolista y parcial del TS. Pero el TSJC y el conjunto de la justicia en Catalunya, en Galicia o en Euskadi constituyen un Poder Judicial estatal y, como tal, refractario a un autogobierno completo y coherente, cuanto más al ejercicio de un régimen de soberanía o cosoberanía catalana.
¿Qué pasará el 8-F si la salvaguardia del derecho fundamental a la vida e integridad física es sustancialmente incompatible con el ejercicio del derecho fundamental al voto? ¿Se forzaría una sentencia desestimatoria ahora no prevista? ¿Se abocaría a la ciudadanía a la abstención masiva?
Las Instituciones españolas (Gobierno del Estado, Senado y Poder Judicial) han marcado el principio, desarrollo y fin de esta legislatura. Catalunya (como Euskadi y Galicia) está subordinada a la justicia española. El 155 sigue por vía judicial.

Concentrarmos o voto alternativo

O debate da CRTVG do 29 de xuño amosou de vez a existencia dunha alternativa plural (tripla) e ben definida fronte ao PP de Feijóo; non son dez partidos -como dixo o dos Peares- os que lle desputan o mandato, senón tres forzas electorais ben estruturadas e definidas e de fasquía distinta, dentro do común progresismo. Porque é evidente que ao BNG, PSdeG e Galicia en Común custaríalles menos de dúas horas porse dacordo nun programa potente para os vindeiros catro anos canto á potenciación dos servizos públicos sanitarios, educativos, sociais e de dependencia e coidados, á promoción do desenvolvemento empresarial desde parámetros de respecto polo territorio e ambiente e á defensa da nosa lingua e cultura.
Mais a regra D´Hondt é deturpante a respecto da vontade da cidadanía galega. Pensemos que no 2005 PSdeG e BNG xuntaron 134.000 votos máis que o PP e só tiveron 38 deputados fronte aos 37 populares. No 2009 BNG e PSdeG xuntaron 5.000 votos máis que o PP e tiveron un deputado menos (38 vs. 37 deputados).
O problema é que non se pode loitar electoralmente contra dunha forza por riba do 40-42% (mínimos que atinxirá o PP o 12-X) desde tres forzas que acadan valores superiores ao 8% e inferiores ao 20%. Collan o número de deputados polas catro circunscricións (25 pola Coruña, 22 por Pontevedra e cadanseus 14 por Lugo e máis por Ourense) e verán como a alternativa plural de centro-esquerda pode facer un pan como unhas hostias de non ser que haxa unha forza que acade unha certa diferenza a respecto das demais, como pasou no 2005.
Nesta andaina, das tres forzas políticas atinxidas para gañarmos a alternativa, PSdeG e Galicia en Común seguen o ronsel institucional dun Goberno do Estado recentralizante e pouco coñecedor dos problemas deste País. Velaí que a tendencia que se está a abrir nas enquisas (que o BNG de Ana Pontón poida dar o sorpasso non só a respecto de Galicia en Común, senón mesmo a respecto do PSdeG) e consolide unha certa vantaxe a respecto do PSdeG pode moi ben ser a derradeira posibilidade de cambio galego o vindeiro 12-X. Porque repenicar o esquema do 2016 (14 deputados á segunda forza, 14 á terceira e 6 á cuarta) leva nidiamente aos 41 deputados do PP, maioría absoluta a respecto dos 75 deputados do Parlamento de Galicia.
O 12-X, na escolla das tres forzas políticas que son alternativa ao PP, un substancial incremento das escollas a prol de Ana Pontón (BNG), como Presidenta alternativa preferida nas enquisas, pode definir a saída de Feijóo da Xunta cun aforro a respecto do panorama debuxado nas últimas enquisas dalgunhas ducias de milleiros de votos.

Hai partido

As enquisas electorais galegas publicadas no postconfinamento concordan en lle prognosticar ao PP de Feijóo unha cómoda maioría absoluta, que era moito máis dubidosa en febreiro, antes da emerxencia sanitaria. Porén, os dados dos que dispomos non son tan nidios nin unívocos. A radiografía electoral galega das eleccións estatais, europeas e locais de 2019 reflicten unha maioría de case dez pontos porcentuais entre os votos ás forzas de centro-esquerda a respecto dos obtidos polo PP, Cs e Vox. Mesmo na recente enquisa do CIS a suma de voto directo e proximidade do BNG, PSdeG e Galicia en Común sobarda á do PP, Cs e Vox. Está tamén a dúbida da participación nesta crise pandémica e, moi nomeadamente, a moi relativa fiabilidade das enquisas diante dunha porcentaxe de indecisos que sobarda o 30%. Fica case toda a campaña por diante, comezando polo debate do luns 29-X na CRTVG, que pode ser fulcral para confirmar se hai partido.
A enquisa do CIS reflicte dados moi importantes cara ao traballo futuro do galeguismo político, do soberanismo, nucleado arestora arredor do BNG. O 30% da cidadanía galega estaría por un Estado autonómico no que Galicia acadase máis poder (22,6%), até mesmo a posibilidade da súa independencia (7,4%). A maioría (40,7%) está polo actual Estado autonómico e só un 21,6% por un Estado autonómico con menos competencias para Galicia ou por un Estado unitario. Coas correccións que se tiran dos que nin saben nin respostan, un terzo da cidadanía galega está por máis autogoberno e case un 45% está por manter o limitado autogoberno actual. Un campo de traballo amplo, xa que logo, para o galeguismo.
Tendo en conta a enxurrada de mensaxes e propostas recentralizadoras dos últimos dez anos hai país abondo para que agrome o traballo político do soberanismo galego. Velaí que cumpra conectar autogoberno e máis e mellor autogoberno con máis benestar e calidade de vida. Que cumpra mallar na idea de que os elementos do binomio autogoberno-benestar medran en relación directa o un co outro.

Presidente Fernández Albor

Resulta rechamante a frialdade oficial da Xunta e do Parlamento a respecto do pasamento do primeiro presidente de Galicia eleito por un Parlamento democrático. Está a faltar sentido institucional e sentido de País, porque Fernández Albor pertence á historia política común.
Gerardo Fernández Albor era un home moi de dereitas, mais non colaborou coa ditadura nin participou na oligarquía franquista. Foi chamado á guerra e partillou no Exército franquista como tantos milleiros de galegos houberon de facer. Entre 1938 e 1939 recibiu adestramento como piloto de guerra español por parte da Luftwaffe alemá. Tocoulle ir á guerra, canda tantos outros, mais non fixo parte ningunha nas políticas de represión e despoxo franquistas. Para máis, o seu círculo persoal, familiar e de amizades non tiña nada a ver cos círculos de poder franquistas, mantendo nos últimos anos do franquismo unha morna militancia a prol da lingua e cultura galegas.
Como Presidente tivo o acerto de apoiar a política de institucionalización do autogoberno (edificios de San Caetano, CRTVG, conformación da Administración e Facenda autonómicas, melloras do financiamento, normalización lingüística…) desenvolvida polos seus vicepresidentes X. L. Barreiro e Carlos Mella e, sobre todo, pola unanimidade dos voceiros parlamentarios da lexislatura do Parlamento, na que salientaron por CG Pablo G. Mariñas e polo PSG-EG Camilo Nogueira. Mais despois das eleccións de 1985, nas que non puido quitar a maioría absoluta, o desgoberno e falla de proxecto acadaron tal dimensión que a moción de censura de 1987 foi inevitábel, pondo remate a aquel seu desaquelado Goberno.
Nos últimos anos Fernández Albor acentuou o seu conservadurismo e afastouse bastante do morno galeguismo da súa madureza, quizais por nunca ter asumido a súa responsabilidade política no proceso que deu no seu cesamento no 1987.
De calquera xeito, Gerardo Fernández Albor foi o primeiro Presidente de Galicia elixido por mandato parlamentario despois da transición e, coas súas eivas e defectos, pertence á historia deste País e require das súas Institucións un recoñecemento póstumo digno, como fan todas as nacións cos seus persoeiros. A falla dese recoñecemento por parte do actual Goberno e Parlamento galegos amosa nidiamente a pouca trascendencia simbólica que a dirección actual do PPdeG lle atribúe ao autogoberno.

A CRTVG é un servizo público

Os representantes do pobo galego crearon por unanimidade, no 1984, a CRTVG como instrumento fundamental para a normalización lingüística, cultural e informativa deste País. No 1999, outro Parlamento, tamén unanimemente, encargoulle a función de axente mobilizador do sector audiovisual e das industrias culturais, que xeran un 2,5% do PIB galego.
Nestes máis de 25 anos, canda moita luz e novidades, existiron sen dúbida sombras e despropósitos na xestión da Radio e TV públicas de Galicia. Mais a CRTVG non se atopa na creba técnica do Canal Sur andaluz ou do Canal Nou valenciano. Nin resposta ao exclusivo desexo de contar cun altofalante gobernamental, como a Telemadrid que goberna a ultradereitista Esperanza Aguirre.
Xa que logo, a reforma lexislativa que promove o Goberno do Estado, que obrigará ao equilibrio orzamentario das TV autonómicas que continúen en réxime de xestión directa, non se lle debería aplicar á nosa Radio e TV públicas. Pero, asemade, constitúe unha violación inconstitucional das competencias autonómicas. Porque crear unha radio e TV publicas é unha competencia exclusiva de Galicia, recoñecida no Estatuto.
E, nese marco, temos dereito a definirmos se pagamos a nosa Radio e TV públicas con publicidade, a medio dunha contribución publica (de certo ponderada ao que esixan as circunstancias económicas) ou mesmo a unha taxa ou canon polo seu uso, ao xeito do Reino Unido.
Velaí como o PP estatal e, en xeral, a opinión madrileña amosan que non entenden a pluralidade do Estado e as singularidades galega, catala e vasca. Métanlle man ás TV de Madrid ou Murcia e deixen que os galegos gobernemos na RTVG.

A ARRINCADEIRA: MAFO CONTRA NG BANCO
NG Banco e o seu plan de recapitalización parcial teñen dous grandes inimigos: o gobernador Fernández Ordoñez e o ministro De Guindos. Semella que MAFO quere regalarlle o noso Banco ao BBVA antes de marchar do cargo, en maio. E De Guindos quere activar a poxa de NG Banco o mes vindeiro. Castellano precisa de tempo para que desapareza Mafo da escena e Rajoy controle ao seu Ministro. Terá Rajoy o valor e sentido común a facelo? Se a totalidade do NG Banco vai á pública poxa o grande responsábel será Mariano Rajoy.